Trátase do pequeno arquivo dunha familia enraizada na parroquia de Santa María de Cela, no concello de Bueu.
Practicamente a totalidade dos documentos que compoñen o fondo están referidos a esta parroquia. Nela discorre a vida de cada un dos protagonistas, desde o primeiro que aparece documentado, Gregorio Freire en 1598 ata o último eslavón da cadea do que queda constancia nun inventario post-mortem dos bens de Manuel Freire, en 1877. 1875 . Nesta cadea de case tres séculos iranse engarzando outros apelidos asentados neste pequeno territorio pertencente a antiga xurisdición da vila de Cangas: Estévez, Camarada, Resille, Currás, Santos, Eira, Entenza, Amoedo, Pastoriza...
A disputa pola provisión da capelanía da Nosa Señora da Concepción, fundada en 1694 por Francisco Estévez Camarada, cura da colexiata da vila de Cangas, na parroquia de Santa Maria de Cela, fai chegar ata nós unha pequena árbore xenealóxica e unha copia, realizada no ano 1700, da escritura de dotación e fundación da capela matrimonial perpetua . Outros documentos aportan tamén información sobre os bens correspondentes á fundación vincular e a congrua do seu capelán.
Entre os testemuños dos diferentes membros da familia que se conservan destacan os correspondentes a dous presbíteros, capeláns da dita fundación: Tomás Vicente dos Santos e Manuel Antonio González. O primeiro deles naceu en 1756 , segundo consta no certificado da partida de bautismo, e morreu en 1821 . Incrementou notablemente o seu patrimonio a través de compras de bens raíces, feitas nalgunhas ocasións como pago polos servizos de enterramento e misas. O segundo, fillo dunha sobriña de Tomás, Maria Dominga Freire, celebrou a súa primeira misa en 1854 . De ambos os dous conservamos diferentes títulos eclesiásticos.
Historia archivística
O 31 de marzo de 2011 Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia recibiu a oferta de compra dun arquivo familiar, conxunto de 253 documentos que identificamos como Familia Freire. A Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia emitíu informe favorable para a súa compra, na reunión do 22 de decembro de 2011
Alcance e conteúdo
Como é propio nos arquivos familiares, a documentación máis abundante é a que se pode adscribir á sección de Patrimonio, tanto no relativo a títulos (escrituras de conpravenda, partillas de bens, testamentos, etc) como a administración da propiedade (escrituras de foro, arendamento, concordia, contratos, cartas de pago, etc.). Entre a documentación da sección de Padroados e Obras Pías destaca unha árbore xenealóxica onde se recolle a orde sucesoria da Capelanía de Nosa Señora da Concepción
Encontramos tamén documentos pertencentes aos arquivos individuais de diversos membros da familia entre os que destacamos un preito interposto polos veciños de Santa María de Cela sobre os dereitos de estola esixidos polo párroco, primeiro ante o tribunal do arcebispado e despois apelado á Real Audiencia e ao Rei (1795-1800).
Completan o conxunto 6 impresos dos séculos XVII ao XIX dos que destacamos tres que conectan perfectamente coa relixiosidade durante a vida e ante a morte latente en moitos dos seus documentos.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
O acceso aos arquivos e rexistros administrativos e un dereito contemplado pola Constitución Española de 1978 (artigo 105, b). Este dereito, que ten as restricións establecidas na Constitución e nas leis, está regulado con carácter xeral pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común -no que afecta á documentación administrativa- e pola Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español -no que afecta á documentación histórica.
O exercicio do dereito de acceso comprende a consulta dos documentos e da información neles contida e a obtención de copias e certificados. Poderán facerse as solicitudes directamente na sala de lectura ou por medio de correo electrónico, correo postal, fax, teléfono ou internet. Por razóns de conservación poderá restrinxirse a consulta de documentos orixinais
Normativa:
Aínda que se trata de documentos de carácter privado, ao estar depositada nun Arquivo de titularidade pública, adquiren a condición de Bens de Interese Cultural (art. 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia e 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español), pasando a gozar así do réxime de protección establecido nesas normas.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución de documentos está suxeita á Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e polo Decreto 320/1992, de 12 de decembro, polo que se fixan os prezos percibidos pola Xunta de Galicia, para os arquivos e museos xestionados pola Xunta ou de titularidade autonómica. Igualmente a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no devandito Decreto ( artigo 5).
Lengua:
Spanish; Castilian
Latin
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia