O couto de San Xoán de Filgueira —que segundo un documento de 1820 estaba incluído en Santa Mariña do Vilar—conta cun xuíz e xustiza ordinaria que entende en primeira instancia os negocios civís e criminais. Como autoridade máxima nas vilas que non eran cabeza de partido, ademais da súa función xudicial tamén exercía funcións de goberno.
Esta configuración cambia cando entra en vigor o Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820, que divide a provincia en 47 partidos e establece un xulgado de primeira instancia en cada un deles.
Pero cando remata o Trienio Liberal, todo volve á situación anterior. Haberá que esperar ata 1834 para que desaparezan coutos e xurisdicións. Así, o Real decreto do 21 de abril dese mesmo ano ordena que cesen todos os alcaldes ordinarios e que os procesos e os expedientes que teñan abertos llelos remitan aos xuíces letrados das cabezas de partido (neste caso, ao de Ferrol).
Historia archivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982. Viña mesturado coa documentación do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, que foi o encargado de transferir ao Arquivo do Reino de Galicia o fondo da antiga xurisdición de Ferrol.
A chegada destes documentos ao Xulgado de Ferrol explícase no expediente de execución do Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820 (5143/12). O novo decreto establecía a obriga de construír ou dedicar unha peza para arquivo na capital cabeza de partido; nesa peza debíanse gardar todos os procesos civís e criminais correspondentes ás vilas, xurisdicións e coutos indicados, ademais dos protocolos dos escribáns que falecesen no seu distrito, con formal lista duns e doutros, con expresión do seu estado e foliación (fol. 3). O decreto tamén dispuña, no seu artigo 11 (fol. 6), que unha vez que o xuíz tomase posesión do seu cargo, debía obrigar os escribáns a entregar no xulgado os procesos civís e criminais do seu partido; e os que pertencesen a outro, ao xulgado correspondente. Así, o 18 de abril de 1820 entrégase a xurisdición de San Xoán de Filgueira e a súa documentación. Cando remata o Trienio Liberal case todo volve á situación anterior, pero non consta a saída da documentación de Ferrol para os seus antigos xulgados.
A seguinte transferencia en masa a este xulgado quedou recollida no “Expediente sobre a incorporación de parroquias do partido xudicial de Ferrol e razón dos asuntos civís e criminais que se van recibindo, e escribáns que os recollen ou que por ser orixinarios os reteñen no seu poder para a súa continuación” (5.207/20). Cumpríanse así as disposicións do Real decreto do 21 de abril de 1834: que cesasen todos os alcaldes ordinarios das vilas e que lles remitisen aos xuíces letrados das cabezas de partido todos os procesos e expedientes que tivesen abertos.
Alcance e conteúdo
Conta con cinco series documentais: Causas, Expedientes de partillas, Expedientes de reconto e inventario de bens, Expedientes de solicitude e Preitos.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Real Audiencia de Galicia
Audiencia Territorial de Galicia
Real Intendencia de Galicia
Xulgado da vila de Ferrol e da Graña/Xulgado de primeira instancia de Ferrol
Subdelegación de Rendas de Ferrol
Xulgado de Guerra e Mariña
Documentación notarial
Notas
Nota general
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia