Germán Lago (Vigo, 1883 - Madrid, 1967) foi fundador e director de varias agrupacións musicais de pulso e púa, entre as que destaca a Orquesta Ibérica (1928), formación de bandurras, laúdes e guitarras, ademais da Orquesta Mandolinista Española (1911). Tamén compuxo obras de aire galego publicadas na colección Rondalla.
Historia archivística
O fondo documental ingresa por doazón no Arquivo de Galicia en novembro de 2017.
Alcance e conteúdo
O fondo documental que é obxecto da doazón componse de:
- Correspondencia (23 cartas),
- Documentos de xestión da Orquesta Ibérica de Madrid (40 documentos)
- Libretas de anotacións (2) e cadernos de pezas para bandurria (4)
- Fotografías (23)
- Partituras impresas pertencentes á Colección “Rondalla”, da Editorial Música Moderna (194),
- Programas de concerto e recortes de prensa sobre a súa actividade
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia