Alberto Catoira y Noboa traballa como mestre de víveres da Real Armada nos buques "La Liebre", "San Eugenio", "Vencedor", "Santa Escolástica" e "Oriente". Máis tarde vémolo solicitando o emprego de escribán de Mariña en Ferrol; en 1775 xa o vemos dando fe na vila e vivindo de alugueiro ata que constrúe a súa casa. En 1804 solicita a aceptación no arquivo da vila dos 37 mazos da execución e cumprimento dos bens e herdanza de Domingo Rodríguez e a súa muller, Juana Barciela, defuntos, veciños de Ares, documentación que lle entregara a el a Real Audiencia en 1787. Á súa morte, en 1806, faise un reconto dos seus papeis, que abranguen os anos 1765-1783.
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982, mesturado dentro do fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, que fora encargado de transferir ao Arquivo do Reino de Galicia a documentación procedente da antiga xurisdición de Ferrol. Seguramente a documentación chegou en cumprimento do Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia, do 3 de marzo de 1820 (5.143/12). O dito decreto establecía a obriga de construír ou dedicar unha peza para arquivo na capital cabeza de partido; nesa peza debíanse gardar todos os procesos civís e criminais correspondentes ás localidades, xurisdicións e coutos indicados, ademais dos protocolos dos escribáns que falecesen no seu distrito, con formal lista duns e doutros, con expresión do seu estado e foliación (fol. 3).
Forma jurídica del ingreso: Transferencia
A meirande parte da documentación corresponde á súa actividade como mestre de víveres dos distintos navíos nos que serviu, tal como se aprecia nas series de certificados, contas, libros copiadores, recibos ou relacións de bens. Con todo, a relativa á súa vida privada tamén é moi numerosa.
Textual
Trátase dun fondo pechado, polo que se descartan novos ingresos
O fondo chegou ao centro sen ningún tipo de organización, polo que tras o seu estudo optouse polo cadro de clasificación de Olga Gallego, matizado de acordo coa proposta da Sección Nobreza do AHN e segundo a documentación que chegou: 1. Documentos persoais 2. Documentos de función 2.1. Mestre de víveres 2.2. Escribán
Acceso libre en xeral.
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: - Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. - Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Estado de conservación: Malo
Catálogo en fichas
Non existen copias
Real Audiencia de Galicia, Alcaldía Maior de Ferrol, Xulgado de Guerra e Mariña de Ferrol
Descrición realizada por María del Rosario Torreiro Martínez baixo a dirección de Mª del Carmen Prieto Ramos.