Vicente Martínez Risco e Agüero, escritor e xornalista, nace en Ourense o 1 de outubro de 1884 e morre o 30 de abril de 1963. Estudia dereito en Santiago que remata en 1906 e logo traballa en Facenda. En 1913 matricúlase na escola de Maxisterio en Madrid donde vivirá ata 1916 en que volta a Ourense a cátedra de Historia da escola de maxisterio. No ano 1917 funda "A Centuria" e no 1920 "Nos". Dirixe a sección de etnografía e folclore do Seminario de Estudos Galegos . En 1930 pasa catro meses en Alemaña e a volta funda o Partido Nazonalista Republ icánco que se presenta as eleccións doano 1931 pero non consigue acta de deputado a partir de aquí virará hacia unha dereita tradicionalista e católica. En 1962 otórgalle o centro Galego de Madrid o Premio Galicia e o ano seguinte o goberno concedelle a medalla de Alfonso XI. Membro de número da Ral Academia Galega
Descoñecida.
Descripción de la forma de ingreso: Doado por Antonio Risco o 9 de outubro de 1985.
Forma jurídica del ingreso: Doazón
A maior parte da documentación dátase nas décadas de 1940 a 1960, e componse de manuscritos e notas do autor ourensán. Entre os manuscritos das obras de Risco consérvanse narracións das novelas en castelán que escribiu nos últimos anos. Delas, algunhas quedaron inéditas e foron editadas postumamente. Da súa novela "La puerta de paja", presentada ao premio Nadal en 1952, ademais do seu manuscrito, temos varias cartas sobre a concesión do premio, recensións publicadas sobre a obra e una proba de cores da capa coa que foi editada. Tamén hai orixinais de ensaios, artigos e conferencias. Por outro lado, hai abundantes notas, apuntamentos e recortes de prensa, reunidos por Risco para documentar os seus traballos. Finalmente consérvanse uns poucos folletos con escritos de Risco e varios exemplares de diferentes xornais.
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tamén se tivo en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 02.26.4 Función privada 02.26.4.1 Narracións 02.26.4.2 Ensaios, artigos e conferencias 02.26.4.3 Notas e recortes de prensa 02.26.4.4 Edición de "La puerta de paja" 02.26.5 Coleccións 02.26.5.1 Impresos 02.26.5.2 Xornais
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
No existen copias
Cadro, descrición e inventario /Mercedes Fernández-Couto Tella (2003) Revisión da descrición: Ricardo Axeitos Valiño (2010). Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella.