Ramón Martínez de Insua, rexistrador da propiedade e alcalde de Mondoñedo. Ademais de arqueólogo afeccionado (foi vogal da Comisión diocesana da Exposición de Santiago de 1909) foi escultor e arquitecto. Entre outros proxectos fixo o altar de Nosa Señora dos Dolores da igrexa parroquial de Nosa Señora do Carme de Mondoñedo e o panteón de Pascual Veiga no cemiterio de Mondoñedo. Ramón Martínez casou con Francisca Arias Galán, coa que tivo dous fillos, María e José. Este último estivo casado con María Fanego Salaverri, coa que tivo catro fillos, Josefa (nacida en 1911), María del Carmen (nacida en 1912), Francisco (nacido en 1914) e Alfonso (nacido en 1924). Á familia dos Salaverri pertenceron Germán Fanego Salaverri, médico en Mondoñedo, e Pedro Salaverri Bermúdez (morto en 1910), avogado, xuiz municipal e alcalde de Mondoñedo.
Descoñecida.
Forma jurídica del ingreso: Compra
Documentación familiar solta e de diversa. tipoloxía. A maior parte foi producida por Ramón Martínez de Insua. Dentro deste grupo hai documentos patrimoniais, debuxos e alzados e correspondencia sobre unha sociedade mineira que Ramón Martínez Mantivo co enxeñeiro de minas Pedro de Mesa. Do resto da familia consérvanse debuxos de Alfonso Martínez Fanego, neto de Ramón Martínez, correspondencia de José Martínez Aria, Impresos e notas médicos de Germán Fanego Salaverri e, finalmente, documentación de Pedro Salaverri Bermúdez como xuiz e Administrador Depositario de Mondoñedo.
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tendo tamén en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 02.72.1 Persoal 02.72.1.1 Biográficos 02.72.2 Patrimonial 02.72.2.1 Recibos, contas, contratos, etc. 02.72.4 Función privada 02.72.4.1 Debuxos e deseños de Ramón Martínez de Insua 02.72.4.2 Actividade profesional
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
No existen copias
Descrición: Ricardo Axeitos Valiño (2009). Dirección do traballo: Mercedes Fernández-Couto Tella.