Clínica polo que semella fundación dos irmáns Labaca, que xurdíu como hospital de maternidade e que no 1950 foi mercada polo concello da Coruña para empregala como hospital municipal, visto o elevado custo de facer outro edificio de nova planta ao efecto. A actual igrexa de San Xoán Bautista de Eirís, sita na parroquia de Santa María de Oza, construída en 1926 e deseñada polo arquitecto Leoncio Bescansa Casares funcionou como capela do sanatorio. O moi antigo Hospital da Caridade da cidade continuou funcionando nesta clínica, a xeito de inclusa. Tamén se trasladou a esta clínica o hospital de caridade "Teresa Herrera".
No existen copias
-Vigo Trasancos, Alfredo. A Coruña y el siglo de las luces. La construcción de una Ciudad de Comercio (1700-1808). USC, 2007.
Descrición efectuada por Damián Porto Rico baixo a dirección de Marina García Pita.