• Acessibilidade
  • Mapa do portal
  • Contacto
  • Galego
  • Castellano
  • Portugués
Logo del Arquivo Dixital de Galicia Logo de Xunta de Galicia
  • Inicio
    • Quem somos
    • Colaboradores
  • Consulta
    • Búsqueda asistida
    • Listado de fondos
    • Produtores
    • Materias
    • Lugares
  • Archivos
  • Destacados
  • Usuarios
    • Participa
    • Contacto
    • Ayuda
    • FAQ's
Está em: › PEDRO BEAZ, BLAS BAAMONDE Y CONSORTES CON FERNANDO ARES,...

PEDRO BEAZ, BLAS BAAMONDE Y CONSORTES CON FERNANDO ARES,...

Enlace persistente

Visualizador embebido:

EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

1. Área de identificación

1.1 Código de referencia

  • ES.GA.15030.ARG/1.1.1.2.3.1.2.8.//Caixa 3022-63
Localización de la documentación:
  • España-Galicia-A Coruña-A Coruña Icono con lupa
Notação:
  • Caixa 3022 63

1.2 Título

  • PEDRO BEAZ, BLAS BAAMONDE Y CONSORTES CON FERNANDO ARES, SOBRE USO DE LOS MONTES DE RIOSECO.

1.3 Fechas

Fecha de creación:
  • 1745-01-01 / 1745-12-31. 1745 XVIII
Fecha de acumulación:
  • 1745-01-01 / 1745-12-31. 1745 XVIII

1.4 Nivel de descripción

  • Unidade documental

2. Área de contexto

2.1 Productor-Institución

  • Real Audiencia de Galicia, Productor Icono con lupa
Otros productores-persona:
  • Beaz, Pedro, Demandante Icono con lupa
  • Ares, Fernando, Demandado Icono con lupa
  • Baamonde, Blas, Outros Demandantes Icono con lupa
Otros productores-institución:
  • MONDOÑEDO, Xulgado Icono con lupa

2.2 Historia institucional/Reseña biográfica

  • Tradicionalmente, sinálase como data de creación oficial do Tribunal o 3 de agosto de 1480, pero, en realidade, o que podemos fixar entonces é o inicio dun proceso gradual que, en palabras do profesor Eiras Roel, "se formaliza en 1494 con la regulación del tribunal según los procedimientos ordinarios del Derecho de la época y se reconoce oficialmente como Audiencia real hacia 1514". Conformada como tal a principios do século XVI, a Real Audiencia irá perfilando a súa estructura orgánica e competencias como tribunal de xustiza e órgano de goberno do Reino por sucesivas ordenanzas (impresas por primeira vez en 1679, na Coruña, na imprenta de Antonio Frayz). Nesta época, está presidida por un Gobernador-Capitán Xeneral e se organiza en dúas Salas, con competencia en asuntos civís e crimininais. Cada unha delas conta con 4 alcades maiores e ten asignadas dúas escribanías de asento (a Sala Primeira, Gómez e Pillado, a Segunda, Fariña e Figueroa). En outubro de 1760 créase a Sala do Criminal e dótase de 3 alcaldes maiores e dúas escribanías ( Taboada e Valado) Entre 1566 e 1587 o Gobernador é substituído por un Rexente. Suprimida esta figura na última data indicada, restitúese no ano 1726, pero esta vez para coexistir coa de Gobernador. Gobernador /Rexente e Alcaldes Maiores conformaban o Real Acordo, o órgano de Goberno da Audiencia. Como noutros tribunais do Antigo Réxime, funcionaban anexos á Real Audiencia pequenos xulgados. Entre eles, coñecemos hoxe, pola documentación conservada, o Xulgado de Provincia e o Xulgado da Protectoría do Voto do Apóstolo Santiago. Como tribunal real con xurisdicción en todo o territorio de Galicia, as competencias da Real Audiencia incluían o coñecemento en 1ª instancia no termo da súa residencia e en cinco legoas á redonda (que serán 8 a partir da creación do Xulgado de Provincia en 1760) así coma nos casos de Corte. En apelación, a Audiencia coñecía das de tódolos procesos civís, criminais e de goberno das xustizas do reino e das sentencias dictadas polos seus xuíces no espacio das cinco legoas. As sentencias da Real Audiencia eran apelables diante da Chancelería de Valladolid. Nos preitos civís, o límite, fixado inicialmente en 10.000 maravedís, elévase progresivamente, ata acadar 1.000 ducados de ouro en 1580. No criminal, aínda que nun principio podía apelarse das sentencias de mutilación de membros ou desterro de dez anos en adiante, finalmente se restrinxíu a apelación ós casos de pena de morte. Contaba ademais a Audiencia de Galicia, a traveso do Real Acordo, con amplas facultades en materia gubernativa en todo o Reino. O Decreto de 26 de xaneiro de 1834, que crea novas audiencias, establece o territorio de cada unha e sinala a igualdade en autoridade e facultades de todas elas, inaugura un proceso de cambio radical do réxime xurídico destes tribunais en consonancia co resto das normas que por estes anos contribuiron a liquida-lo Antigo Réxime. En consecuencia, téndese a fixar tradicionalmente nesta data o fin da existencia da antiga Real Audiencia de Galicia.

2.3 Historia archivística

  • Ata o momento da creación do Arquivo do Reino de Galicia, no ano 1775, do que constitíu o núcleo fundador, o fondo documental da Real Audiencia se custodiou en diferentes lugares. Así, sobre cada escribanía de asento recaía a responsabilidade inicial da custodia das series documentais producto das súas actividades, mentres que por diversos testemuños coñecemos que xa en datas temperás existía un local, que funcionaría como arquivo central do organismo, no convento de Santo Domingo da Coruña, onde sufriría os efectos da ocupación e queima do convento por parte do exército inglés durante o sitio de 1589. Noutros momentos, o fondo documental ou fraccións do mesmo gardáronse en diferentes institucións coruñesas, como o Convento de San Francisco, o Hospital do Bon Suceso ou, tamén, nas propias casas dos escribáns. Nuns e noutros locais, as condicións de conservación non eran sempre as máis axeitadas, tal e como poñen de manifesto algúns testemuños que se refiren a algún destes como"bódega húmeda y mal acondiconada".

2.4 Forma de ingreso

Fecha de transferencia:
  • 16/10/2001

3. Área de contenido y estructura

3.1 Alcance y contenido

  • En relación co desenvolvemento da función xudicial da Audiencia, atopamos no fondo dúas grandes series documentais, a de preitos civís e a de causas criminais. Outras series identificadas son as de expedientes de apeos, expedientes de visitas de escribáns, executorias, pedimentos, protocolos notariais e sentencias. Outras series, características tamén da súa función xudicial, ou a cabalo entre esta e a de goberno, resultado en moitos casos da execución de procedementos concretos propios deste tribunal, están a ser identificadas como tales. Así: autos ordinarios, expedientes de provisións ordinarias, expedientes de vía de forza, simples querelas, demandas de graciosa ou preitos de misión en posesión de bens de vínculo e morgado. Forman seccións aparte os documentos procedentes do Xulgado de Provincia e do Xulgado da Protectoría do Voto do Apóstolo Santiago. Dado o carácter e as competencias da institución que o xerou, o fondo reúne información sobre un amplísimo abano de aspectos da vida dos homes de Galicia durante o Antigo Réxime.
  • Copia

3.2 Valoración, selección y eliminación

Valoración, selección y eliminación:
  • O fondo foi sometido a diversos expurgos que mermaron especialmente a serie de causas criminais ó longo do pasado século e do presente. Por outra parte, a súa integridade houbo forzosamente de se resentir pola itinerancia inicial da Audiencia, a carencia dun único local de arquivo e as pésimas condicións de instalación que sufriron os documentos durante séculos
Fecha en la que se realiza la eliminación:
  • 16/10/2001

3.4 Organización

  • Na organización tradicional do fondo, os documentos clasificáronse tomando como criterio a procedencia de cada unha das 4 escribanías de asento do tribunal, e, nun segundo paso, agrupando os expedientes de acordo coa categoría xurídica dos demandantes, coa materia de que tratan ou, tamén, coa súa tipoloxía. Deste xeito chegaron a formarse vintedous "series" diferentes - algunhas, incluso antes de ingresar no Arquivo - que levan os seguintes nomes: Arcebispos e Bispos, Cabidos, Confrarías, Comendadores de Ordes Militares, Conventos, Forzas Eclesiásticas, Hospitais, Letra Fiscal, Mosteiros, Montes e Comunais, Nobleza Titulada, Obras Pías, Oficios e Cargos Públicos, Particulares, Universidades e Colexios, Veciños, Vínculos e Morgados, Apeos, Causas Criminais, Executorias, Pedimentos e Sentencias e Visitas de Escribáns. A estas agrupacións, máis ou menos naturais, segundo os casos, sumábanse as 2 seccións do Xulgado da Protectoría do Voto do Apóstolo Santiago e do Xulgado de Provincia. Sen embargo, é discutible que estas agrupacións poidan chamarse en puridade "series", conxuntos de documentos que non poden ter outra natureza que non sexa estrictamente arquivística, intimamente ligada coa xénese documental, na que os procedementos desempeñan un carácter fundamental. Neste senso, por exemplo, a agrupación de preitos Arcebispos e Bispos non se orixinou como resultado dun procedemento xudicial singular, e, pola contra, pode reunir expedientes que sexan testemuño de diferentes tipos de procedementos ( Autos Ordinarios, Graciosas, Procedementos Civís Ordinarios…). Por tanto, a maior parte daquelas "series" tradicionais non constitúen verdadeiras agrupacións de documentos. Parecen, pola contra, diferentes formas de representar unha única realidade, diferentes instrumentos de descrición, de catálogos, comenzados a elaborar, xa con estes criterios, xurídicos ou temáticos, nas propias escribanías de asento do Tribunal antes da súa transferencia ó Arquivo do Reino, para facilita-las búsquedas dos expedientes xudiciais. Non obstante, a súa orixe, longa tradición de uso e forma en que se deseñou o proceso de informatización do fondo no Arquivo obrigan a telas en consideración - polo menos de momento - na organización e descrición do fondo. Hoxe, estas circuntancias xunto coa demorada avaliación das propostas de clasificación da documentación existentes e a constatación do carácter meramente instrumental que salas e escribanías posuían dentro da estructura orgánica do Tribunal lévannos a propugnar un cadro de clasificación orgánico-funcional do fondo, como o seguinte: 1.Audiencia 1.1. Réxime interior 1.2. Xustiza e Goberno 2. Xulgado de Provincia 3. Xulgado da Protectoría do Voto do Apóstolo Santiago 4.Cárcere Real 5. Arquivo Cada un destes epígrafes constitúen subfondos (Audiencia, Xulgado de Provincia…) ou seccións (divisións do subfondo: Réxime interior…) ós que se adscriben as series (Expedientes civís, criminais e de goberno), considerándose "subseries" as tradicionais agrupacións citadas máis arriba.

4. Área de condiciones de acceso y utilización

4.1 Condiciones de acceso

Descripción condiciones de acceso:
  • Acceso libre. Consulta limitada para aqueles documentos que se achen en mal estado de conservación

4.2 Condiciones de reproducción

Condiciones de reproducción:
  • A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: o Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia; a Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.

4.3 Lengua/Escritura(s) de la documentación

Lengua:
  • Spanish; Castilian

4.4 Características físicas

Descripción del estado de conservación:
  • Unha parte do fondo áchase en mal estado debido ás pésimas condicións de instalación que durante séculos sufriron os documentos.

4.5 Instrumentos de descripción

Instrumentos de descripción:
  • A maior parte dos instrumentos de descrición existentes no arquivo sobre o fondo da Real Audiencia de Galicia (máis de 70 na actualidade) poden consultarse en: - López Gómez, Pedro. Arquivo do Reino de Galicia : Catálogo de instrumentos de descripción documental y bibliográfica. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1993. (Actualizado en:.http: //www.xunta. es/conselle/cultura/patrimonio/arquivo%20reino/in dex.htm Entre eles cómpre destaca-la guía do Arquivo do Reino de Galicia, da que existen dúas edicións, hoxe agotadas pero consultables no propio centro: - Gil Merino, Antonio. Archivo Histórico del Reino de Galicia. Guía del Investigador. La Coruña : Dirección General de Archivos y Bibliotecas, 1968.- Existe outra edición conmemorativa do II Centenario da creación do Arquivo, de 1976. Ademais, publicáronse recentemente: - Arquivo do Reino de Galicia. Imaxes da Xustiza en Galicia. Cartografía e iconografía nos fondos documentais da Real Audiencia de Galicia e da Audiencia Territorial da Coruña. -[Santiago de Compostela] : Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 1998 - López Gómez, Pedro ( dir.). Arquivo do Reino de Galicia: Juzgado de la Protectoría del Voto del Apóstol Santiago. Catálogo Documental. Santiago de Compostela : Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 1997 - López Gómez, Pedro ( dir.). Arquivo do Reino de Galicia: Catálogo de expedientes de apeo. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 1999 - Quiroga Barro, Gabriel; López Gómez, Pedro (dir.). Arquivo do Reino de Galicia: Catálogo de expedientes de veciños. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultura, 2001.

5. Área de documentación asociada

5.2 Existencia y localización de copias

Existencia de copias:
  • No existen copias

5.4 Nota de publicaciones

Publicaciones:
  • 1. Estudios institucionais e arquivísticos e recopilacións de fontes documentais: - CANDAL GONZÁLEZ, Xosé M. "Pleitos de aguas en la Audiencia coruñesa durante el siglo XVIII". Obradoiro de Historia Moderna, 1993, nº 2, páx. 85-103 - COLECCIÓN Diplomática de Galicia Histórica. Santiago : Tipografía Galaica, T.I., 1901 - COLECCIÓN de documentos históricos. Boletín de la Real Academia Gallega. La Coruña, Imprenta Roel, 1915, T.I; 1931, T.II, 1969, T.III - EIRAS ROEL, Antonio. "Sobre los orígenes de la Audiencia de Galicia y sobre su función de gobierno en la época de la Monarquía absoluta". Anuario de Historia del Derecho Español. Madrid, 1984, páx. 323-384 - FERNÁNDEZ VEGA, Laura. La Real Audiencia de Galicia : Órgano de Gobierno en el Antiguo Régimen (1480-1808) ; prólogo del profesor Eiras Roel. La Coruña : Diputación Provincial, 1982. 3 vol. - FERNÁNDEZ VEGA, Laura. "Relaciones de la Real Audiencia de Galicia con los concejos de La Coruña y Santiago durante el siglo XVI". Revista del Instituto "José Cornide" de Estudios Coruñeses, 1972-73, 8-9, páx. 39-56 - GARCIA MIRAZ, María del Mar et al. "Una aportación al estudio tipológico de la documentación judicial del Antiguo Régimen: los Pedimentos", in Actas de las I Jornadas sobre metodología para la identificación y valoración de fondos documentales para las administraciones públicas. Madrid : Ministerio de Cultura, Dirección de Archivos Estatales, 1992, páx. 141- 149 - GIL MERINO, Antonio. "Notas históricas sobre la Real Audiencia de Galicia en la segunda mitad del siglo XVI y su traslado a La Coruña". Revista "José Cornide" de Estudios Coruñeses, 1966, 2, páx. 19- 28 - GONZÁLEZ LÓPEZ, Pablo. "El Archivo del Reino de Galicia y análisis de los fondos documentales cistercienses. La Historia del Arte desde sus comitentes" in Congreso de Jóvenes investigadores en Historia. 4-8 agosto 1986, La Coruña : Colectivo de Investigación Histórica Vedia y Goossens. Multigraf. - LOPEZ GOMEZ, Pedro; MARTÍNEZ CORTIZAS, Antonio "Mecanización de los catálogos del fondo de la Real Audiencia en el Archivo del Reino de Galicia". Irargi. Revista de Archivística. Vitoria-Gasteiz. 1990, nº 3, páx. 11-54. - LÓPEZ GÓMEZ, Pedro. La Real Audiencia de Galicia y el Archivo del Reino. Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, 1996. 2 vol. - LÓPEZ GÓMEZ, Pedro "Palacios para un Archivo Real : los hospedajes del Archivo del Reino de Galicia", in Palacios para un Archivo Real. Santiago de Compostela : Xunta de Galicia, 1995, páx. 9-33 - LÓPEZ GÓMEZ, Pedro "Eliminaciones de documentos de la Real Audiencia de Galicia". ARCHIVUM. París. 1996, Vol. XLII, páx. 157-172 - LÓPEZ MORÁN, Beatriz. "La Administración de la Justicia en la persecución del bandolerismo en Galicia (1800-1850)", in Historia da Administración Pública. I Simposio de Historia da Administración Pública. Santiago, 1993, páx.403-425 - MARTÍNEZ BARBEITO, Carlos. El "Auto Gallego" en la Historia, en los tratadistas y en la práctica forense. Sada, A Coruña : Ediciós do Castro, 1984 - MARTINEZ GARCIA, Luis. "Catálogo de Viñas del Archivo del Reino de Galicia", in Jornadas de Viticultura y Enología de Tierra de Barros. 8-12 de Mayo de 1989, Almendralejo . Almendralejo: Escuelas Universitarias de Formación del Profesorado de E.G.B. e Ingeniería Técnica Agrícola Santa Ana, 1989, páx. 349-351 - MARTÍNEZ SALAZAR, Andrés. El cerco de la Coruña en 1589 y Mayor Fernández Pita (Apuntes y documentos). La Coruña : Andrés Martínez, 1889 - MARTÍNEZ SALAZAR, Andrés. Documentos gallegos de los siglos XIII al XVI. La Coruña : Imprenta de la Casa de Misericordia, 1911 - MAYÁN FERNÁNDEZ, Francisco. "Catálogo de documentación relacionada con los Pardo de Cela existente en el Archivo Regional de Galicia".Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, 1967-1970, VIII, páx. 171 e ss. - ORTEGO GIL, Pedro. "Apercibimientos penales en la práctica criminal de la Real Audiencia de Galicia (siglos XVII y XVIII)". Cuadernos de Historia del Derecho, 1996, nº 3, páx. 11-41., - ORTEGO GIL, Pedro."El parricidio en la práctica de la Audiencia de Galicia". Dereito, 1996, vol. 5, 1, páxs. 245- 273 - ORTEGO GIL, Pedro. "Hurtos sacrílegos y práctica judicial gallega. Siglos XVI-XVIII". Estudios penales y criminológicos, 1998, XXI, páx. 241-304 - ORTEGO GIL, Pedro. "Irregularidades judiciales en el proceso penal durante el siglo XVIII: Problemas, controles y sanciones". Revista de la Facultad de Derecho de la Universidad Computense de Madrid, nº 91 - ORTEGO GIL, Pedro. "La aplicación de la pena de muerte en el Reino de Galicia durante la Edad Moderna". Obradoiro de Historia Moderna, 9, 2000, pp. 143-170 - TOJO PÉREZ, Ramón. "El libro de Herbella de Puga" .Boletín de la Real Academia Gallega, 1931, t. 19, nº 229, páx. 365-381

6. Área de notas

Nota general
  • 1. Volume do fondo: Debe terse en conta que os fondos da Real Audiencia de Galicia e da Audiencia Territorial da Coruña permanecen físicamente unidos 2. Historia institucional: Recopilacións legais e tratados de dereito: - AUTOS Acordados antiguos y modernos del Consejo que salen a la luz distribuidos en dos partes, siendo su gobernador el excmo. Señor D. Luis Félix de Mirabal y Espínola. Madrid : Juan de Aritzia, 1727 - COLECCIÓN de todas las Pragmáticas, Cédulas, Provisiones, Circulares, Autos Acordados, Vandos y otras providencias publicadas en el actual reinado del señor D. Carlos IV. Madrid : Vda. E hijo de Marín, T.I. 1794 ; T. II, 1797; T.III, 1801 - Curia forense y eclesiástica: maneras de sustanziar pleitos ordinarios y sumarios en la Real Audiencia de Galicia. S.l., s.a., Ms. 147 da Biblioteca Xeral da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela - HERBELLA DE PUGA, Bernardo. Derecho práctico i estilos de la Real Audiencia de Galicia. En Santiago : En la Imprenta de Ignacio Aguayo, año de 1768 2ª ed. Anotada, Santiago : Imprenta de la viuda e hijos de Compañel, 1844 3ª ed.: La Coruña : Colegio Provincial de Abogados ; La Voz de Galicia, 1975 - NOVÍSIMA Recopilación de las Leyes de España. Madrid : Imprenta de la Publicidad, a cargo de D.M. Rivadeneira, 1850 - ORDENANZAS de la Real Audiencia del Reyno de Galicia. Impressas en la ciudad de La Coruña : Por Antonio Frayz, año de 1679 - ORDENANZAS de la Real Audiencia del Reyno de Galicia. Impressas en la ciudad de La Coruña : Por Antonio Frayz, año de 1679. Ed. Facs.- La Coruña : Banco Central, 1974 - PAZ DE QUIÑONES, Álvaro. Pro Decreto Ordinario Gallego : Vulgo Auto Ordinario : Allegatio iuris. Santiago, 1608 - RECOPILACIÓN de las leyes destos reynos hecha por mandado de la Magestad Católica del Rey don Felipe Segundo, nuestro señor que se ha mandado imprimir : con las leyes que después de la última impresión se han publicado, por la Magestad Católica del Rey don Felipe Quarto el Grande, nuestro Señor. [5ª ed.]. Madrid : Catalina de Barrio y Angulo y Diego Díaz de la Carrera, 1640. (Existen 10 edicións entre 1569 e 1777) - SÁNCHEZ, Santos. Extracto puntual de todas las Pragmáticas, Cédulas, Provisiones y Autos Acordados publicados y expedidos por regla general en el reinado del señor Carlos III. Madrid : Vda. E hijo de Marín, 1792-1993, 3 vols. - SANTAYANA Y BUSTILLO, Lorenzo de. Los Magistrados y Tribunales de España. Su origen, instituto y jurisdicción, conocimiento, y Gobierno. Zaragoza : Joseph Fort, 1751, 2 vols. - VILLADIEGO Y VASCUÑADA, Alonso de. Instrucción política y práctica judicial conforme al estilo de los Consejos, Audiencias y Tribunales de Corte y otros ordinarios del Reyno. Madrid : Melchor Sánchez, 1656 3. Bibliografía: Dado o carácter desta publicación, pareceunos conveniente cinguir unicamente a recopilación bibliográfica a este aspecto, pospoñendo a presentación dunha relación máis exhaustiva para unha futura edición da Guía do Arquivo.

7. Área de control de la descripción

7.1 Nota del archivero

  • Descrición preparada en setembro de 2001 por Gabriel Quiroga Barro

Descriptores

Descriptores geográficos

  • Mañón Icono con lupa
  • As Ribeiras do Sor, San Cristovo Icono con lupa
  • Monte de Rioseco Icono con lupa

Descriptores de materia

  • MONTES Icono con lupa
 
  • Logo de OAI-PMH
  • Logo de Linked Open Data
  • Logo de Europeana Data Model
  • Logo de RSS
  • Logo de ARPAD
  • Logo de POCTEP
  • Logo de FEDER

Junta de Galiza

Xunta de Galiza: Informação mantida e publicada em internet pela Secretaria Geral de Cultura

Atención a la ciudadanía

Galiza