Encomenda pertencente á Orde Militar de Santiago que se estendía polas actuais provincias de Lugo e Ourense. A encomenda acadou as súas posesións a través de doazóns ao longo do Medievo, desde os séculos XII ata o XIV. A Orde de Santiago recibira en 1151 o couto de Santa María da Barra por unha doazón do rei Afonso VII e dos seus fillos Sancho e Fernando. No Courel tiñan propiedades desde o ano 1181, cando recibiron en propiedade o castelo con todas as súas pertenzas. En 1494 a encomenda da Barra alcanzou a súa configuración definitiva cos coutos da Barra, Garabás, Vilar de Santos, Codosedo, Rocha de Narla, Quintela (con Crecente e Roás), Courel e Carraxo.
Historia archivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Condiciones de acceso
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia