Dona Maior [Pérez], muller de Fernán Núñez de Aldán, doa ao convento de Santa Clara de Pontevedra uns baños e casas na dita cidade, na porta de Rochaforte, na fregresía de San Bartolomeu.
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e conteúdo
Notario: Johán Pérez, notario xurado da terra de Salnés.
Título: o apelido de dona Maior, muller de Fernán Núñez de Aldán, está tomado de Sarmiento, Martín; Pensado, J.L., ed. y est. Catálogo de Voces y Frases de la Lengua Gallega. Salamanca: Universidad, 1973, p. 278.
Data: "Feita a carta XVIII días de junno, era de mil e CCC e seseenta e çinco anos".