As cámara agraria provinciais créanse por Decreto do 14 de febreiro de 1879, dependente do Ministerio de Fomento e da Dirección Xeral de Agricultura, Industria e comercio. A nivel provincial estará baixo a dependencia do Goberno Civil respectivo e competeranlle diversas funcións: levar a cabo os traballos de estatística agrícola e pecuaria, exposicións, pósitos, amillaramentos e proxectos; dirixir e inspeccionar os traballos de extinción da filoxera, lagosta e outras pragas do campo mais todos aqueles labores que estivesen a desempeñar daquela os secretarios das Xuntas Provinciais de Agricultura, Industria e Comercio; influír con voz e voto nas decisións das Xuntas de Agricultura, Industria e Comercio e rexer as súas secretarías. Pero será o Real Decreto do 29 de xullo de 1892 o que lle confira unha estrutura, ao distribuír o territorio peninsular en 12 distritos agronómicos formados por seccións provinciais e establecementos agrícolas de ensinanza e experimentación.
A Real orde do 10 de outubro de 1903 e o Real decreto do 15 de xaneiro de 1904 establecen unha nova organización do Servizo Agronómico. Suprímese a organización anterior e a nova adáptase a unha división peninsular en 13 rexións, dentro das cales está a Rexión de Galicia e Asturias, con capital na Coruña e dominio sobre as provincias da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Oviedo. Cada rexión dividirase en tantas seccións como provincias de que conste, ao fronte das cales estará un enxeñeiro de Sección encargado do Servizo Xeral, dependente do xefe da Rexión.
O Real decreto do 26 de xuño de 1924 recolle a organización do Servizo Agronómico Rexional e Provincial e divide o territorio nacional en 15 rexións agronómicas, dentro das cales encontramos a Rexión Agronómica de Galicia, formada polas catro provincias galegas e con capital na Coruña.
O Real decreto de maio de 1925 que aproba a organización do Ministerio de Fomento recolle que os servizos provinciais da Dirección Xeral de Agricultura quedan adscritos ás 50 seccións agronómicas e a cargo de 50 funcionarios do Ministerio adscritos aos Gobernos Civís. Despois da creación do Ministerio de Agricultura por separación das competencias do Ministerio de Fomento, a Orde do 13 de agosto de 1940 reorganiza o Servizo Agronómico Nacional e crea en cada provincia as xefaturas agronómicas cos servizos que ata entón tiñan as seccións agronómicas provinciais.
Entre as súas funcións destacan as de inspeccionar e dirixir os traballos que se realizan na sección; controlar o persoal e propor a súa distribución; emitir informe en todos os expedientes de agricultura que se tramiten na provincia; dirixir as estacións agronómicas, granxas e outros establecementos; efectuar os traballos de estatísticas agrícolas e pecuarias; rexer as secretarías dos Consellos de Agricultura, Industria e Comercio; colaborar na confección do Boletín Agrícola e despachar directamente co xefe provincial de Fomento.
Historia archivística
A documentación ingresa no Arquivo o 2 de novembro de 2006, mesturada coa da Xefatura da Rexión Agronómica de Galicia, mediante unha transferencia efectuada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia. A entrega queda rexistrada nunha acta do 27 de novembro de 2006, asinada por Ramón Giménez de Azcárate Cornide e José Antonio Ribas Paz, decano e secretario do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos, e Gabriel Quiroga Barro, director do Arquivo do Reino de Galicia. O Colexio fixérase cargo dela en data indeterminada ao descubrirse abandonada nun local que fora utilizado como almacén pola Administración periférica do Estado.
Alcance e conteúdo
A cantidade documental que se conserva é escasa e na meirande parte corresponde á etapa que vai de 1903 a 1940. Entre as series que identificamos destacan: Disposicións xerais, Correspondencia, Expedientes persoais de traballadores, Relacións de persoal, etc.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Normativa:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Por estar transferida a xestión do Arquivo á Comunidade Autónoma de Galicia , a reprodución de documentos está suxeita á Lei 6/2003, de 9 de decembro, de Taxas, prezos e exaccións, e polo Decreto 320/1992, de 12 de decembro, polo que se fixan os prezos percibidos pola Xunta de Galicia, para os arquivos e museos xestionados pola Xunta ou de titularidade autonómica. Igualmente a public ación dunha reproducción debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no devandito Decreto (artigo 5).
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografiada
Humanista
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Descripción del estado de conservación:
Trátase de documentación textual sobre papel, en bo estado de conservación.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Fondo da Rexión Agronómica de Galicia.
Notas
Nota general
Datas de creacción: 1974-1956
Unha das unidades de instalación está compartida con documentación do fondo da Xefatura da Rexión Agronómica de Galicia.
Conta con instrumentos de traballo complementarios: base de datos de lexislación e estudos de serie.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia