No seo da Xefatura Provincial do Movemento ou dependendo dela, a Delegación Provincial de Asociacións, despois denominada “de Familia”, estaba encargada de fomentar o asociacionismo entre cabezas de familia, pais de alumnos, etc.
A Delegación Nacional de Asociacións queda definida no Decreto do 20 de xullo de 1957, que establece como principio orientador a familia como canle de participación do home nas tarefas públicas. En cada concello, podía crearse unha asociación de cabezas de familia; no caso de grandes concellos, podían existir varias asociacións, en función do número de distritos ou circunscricións. A Delegación Provincial de Asociacións era a encargada de aprobar os estatutos das asociacións locais e de remitilos, xunto cun informe, á Delegación Nacional para a aprobación definitiva mediante resolución publicada no Boletín Oficial do Movemento.
O Consello Nacional do Movemento, en sesión plenaria celebrada o 15 de decembro de 1969, acordou a reestruturación da Secretaría Xeral do Movemento, sancionada por Decreto do 5 de xaneiro de 1970, segundo o que desaparece a Delegación Nacional de Asociacións, e polo tanto tamén as delegacións provinciais.
A Delegación de Asociacións comprendía entidades de diversa índole, como eran as asociacións familiares, profesionais, culturais, do profesorado, de ensino superior e medio, SEP, SEM, antigos combatentes, irmandades e agrupacións de tipo patriótico.
Así, o Decreto 15/1970, do 5 de xaneiro, crea a Delegación Nacional da Familia para o seu fomento e protección, e que substitúe a Delegación Nacional de Asociacións. No ámbito provincial exerceron estas funcións as respectivas delegacións provinciais. Crea tamén:
- A Delegación Nacional de Cultura, que comprende as asociacións de fins estritamente culturais.
- A Delegación Nacional de Acción Política e Participación, que integra o resto das asociacións profesionais incluídas no extinguido Servizo Nacional de Asociacións Profesionais; as do profesorado de ensino superior e medio; o SEM; antigos combatentes, etc.
No caso da Coruña, o delegado provincial de Asociacións cesa como tal e pasa a ser delegado provincial da Familia.
Historia archivística
A documentación chegou ao Arquivo do Reino de Galicia mediante unha transferencia irregular: tratouse máis ben dunha recuperación ante unha posible destrución. Nos anos 80 do século XX, (aproximadamente no 1989), ante o inminente traslado da sede da delegación, o persoal do ARG achegouse ata o edificio da praza de Pontevedra para recoller toda a documentación "almacenada" no depósito das caldeiras. Por suposto, sen ningún tipo de clasificación nin identificación ou relación. Así, o que nun principio parecía unicamente documentación da Fronte de Xuventudes, abrangue tamén documentos da Sección Feminina, do SEU, da delegación provincial do Ministerio de Cultura, e mesmo da Consellería.
Así, pódese afirmar que estamos ante nove fondos, herdeiros os últimos do primeiro. Serían:
- a documentación da Xefatura Comarcal do Movemento de Betanzos;
- a da Delegación Provincial de Xuventudes;
- a da Sección Feminina;
- a da Delegación Provincial de Asociacións / Familia;
- a Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo;
- a Delegación Provincial do Ministerio de Educación e Ciencia;
- a Delegación / Dirección Provincial do Ministerio de Cultura;
- a Delegación Provincial da Consellería de Cultura;
- a Delegación Provincial da Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes.
E un décimo fondo, a documentación da "Sociedad La Terraza" chegou mesturada con estes fondos, probablemente porque compartiran as mesmas instalacións.
Alcance e conteúdo
O conxunto da documentación deste fondo custodiada no Arquivo abarca os anos 1964-1977. Son diferentes expedientes de constitución de asociacións de diferente tipo.
Trátase, pois, dun fondo que ilustra o fomento do asociacionismo por parte do Estado franquista.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografiada
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Trátase de documentación textual sobre papel, en bo estado de conservación.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Pode considerarse como relacionada a documentación das institucións do Movemento Nacional: Xefatura Comarcal do Movemento de Betanzos, Delegación Provincial de Xuventudes e da Sección Feminina. Tamén é documentación complementaria a da Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo, do Ministerio de Educación e Ciencia, do Ministerio de Cultura e da Consellería de Cultura e da Consellaría de Turismo, Xuventude e Deportes. Atoparemos documentación complementaria nos arquivos históricos provinciais e no Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares.
Notas
Nota general
As unidades de instalación están compartidas con outros fondos.
Conta con instrumentos de traballo complementarios: estudos das series identificadas e base de datos de lexislación.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia