Unha vez que se disolve a Fundación pública Ciudad Deportiva Municipal José Pérez-Ardá, por Decreto de alcaldía do 25 de abril de 1980 a xestión da Cidade deportiva pasa a ser realizada polos órganos municipais de goberno que, en cada caso, fosen competentes, e baixo dictame da Comisión Informativa correspondente. Noméase ademais un Director da Cidade Deportiva con carácter provisional, cargo que recae no Xefe de Sección do Corpo Técnico de Administración Xeral, Felipe Poncet Pérez.
En novembro de 1981 créase a Comisión especial de Deportes para negociar co R. C. Deportivo a compra das instalacións que este poseía nas inmediacións da Torre de Hércules.O Concello Pleno en sesión do 28 de xaneiro de 1983 decide que será a Comisión informativa de Gobernación, Turismo y Relaciones Públicas a que asumirá no sucesivo a competencia en materia de Deportes para os efectos previdos nos artigos 90 e seguintes do Regulamento de Organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Corporacións locales".Por acordo plenario do 11 de xullo de 1983 aprobarase a contratación de Eduardo Blanco Pereira como Director da Cidade Deportiva Municipal.
Historia archivística
A maior parte da documentación estaba en caixas, ordenada por tipoloxías documentais e datas pero moita outra estaba empaquetada con papel de embalar e metida en caixas grandes, con gran cantidade de pó.
Alcance e conteúdo
A subactividade abrangue documentación dende 1980, ano en que se disolve a Fundación Ciudad Deportiva Municipal, ata 1986. O maior volume de documentación corresponde á serie de expedientes de actividades deportivas e culturais así como á de xestión económica do uso das instalacións deportivas.
Como a maior parte das actividades tanto culturais coma políticas das décadas dos 70-80 se realizaron nas instalacións deportivas (Pabellóns e Pazo dos Deportes) esta documentación resulta de interese para complementar os expedientes de actividades culturais que realizou o concello nese período.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A maior parte dos documentos son de libre acceso. Só se restrinxe o acceso naqueles documentos que están afectados polos supostos legais establecidos no artigo 105-b da Constitución (averiguación dos delitos, intimidade das persoas e seguridade do Estado). Por iso, nalgunhas series esta limitación se establece en 1965 e noutras en 1900.
Tamén, de xeito excepcional, en determinadas unidades de instalación pode restrinxirse o acceso segundo o estado de conservación dos documentos.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Limitada a súa reprodución en función da Lei de propiedade intelectual. Está suxeita ás taxas e prezos públicos fixados o 14 de setembro de 1995 polo Concello na sua Ordenanza nº 32, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas e análogas de titularidade municipal.
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Esta documentación continúa algunha das series da Fundación pública Ciudad Deportiva Municipal Pérez-Ardá