A Administración de Rendas de Cedeira, alcaldía sufragánea da Meirindade de Moeche durante o Antigo Réxime, conta cun administrador de rendas dependente da Subdelegación de Rendas de Ferrol. Entre as súas funcións estarían o repartimento dos impostos entre os veciños da súa xurisdición e a recadación destes e de todas as rendas reais. No seu distrito conta, ademais, cun destacamento de carabineiros que controlaban o contrabando de mercadorías que chegaban polo mar e que informaban directamente o subdelegado de rendas de Ferrol.
Historia archivística
A documentación deste fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982, mesturada dentro do fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, encargado de transferir ao Arquivo a documentación procedente da antiga xurisdición de Ferrol.
Alcance e conteúdo
A series documentais descenden directamente do nivel de fondo en orde alfabética
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia