A historia de Foz está ligada a súa posición frente ao mar, elemento que condicionará a súa historia e o seu conseguinte desenvolvemento. As antigas civilizacións, en época preromana, chegaron a través do mar. Segund os historiadores, a súa fundación pode remontarse a época dos ártabros, e concretamente Amor Meilán apunta á posibilidade de que Foz fose unha das factorías que no litoral galego estableceron os tartesos cando arribaron por esta zoa. Máis tarde asentáronse en Foz os fenicios e os romanos, buscando a riqueza aurífera destas terras, No século IX, con motivo do establecemento da sé episcopal na parroquia de San Martiño, o termo municipal de Foz alcanza un relevo inusitado. A partires da Idade Media, Foz alcanza gran importancia como porto marítimo, figurando desde entón en todos o portularios de navegación, cuxas actividades principais son a caza de balea e a exportación de madeira, pola importancia dos seus recursos madereiros. Contaba por aquel entón, cun dos tres asteleiros máis importantes de Galicia. A raiz do Tratado de Utrech, no ano 1713, España perde parte das súas prerrogativas no negocio da pesca de baleas; polo que Foz entra nunha fase de recesión económica. A partires de entón, o millo, a pataca, o lenzo e a estopa pasan a ser os alicerces económicos de toda a zona costerira de Lugo. Tras a invasión francesa, esta zona viuse arrasada por epidemias de cólera e as grandes fames negras da centuria decimonónica. A emigración foi a saída para unha boa parte da poboación. Tras a Guerra Civil, o fenómeno migratorio repetiuse novamente, nunha época na que as actividades relacionadas coa pesc volven ser determinantes ( conserveiras, esteleiros...). Os anos 70 traes consigo a instalación do complexo industria Alcoa en San Cibrao, e con él, emprego e aumento da poboación vinda fundamentalmente de Asturias. O despegamento turístico comeza e a importancia do porto decae. Na actualidade o sector servizos pasa a ser o motor económico de Foz. No ano 1835 foz contaba cun Concello Constitucional que pertencía ó Partido Xudicial de primeira Instancia de Mondoñedo. Nestes anos o Municipio de Foz estaba formado por tres parroquias: San Acisclo, Santa Cecilia e Santiago de Foz. Era esta última a que daba nome a todo o Municipio. As parroquias de Nois e Vilaronte posuían Concello propio coas súas parroquias correspondentes. A parroquia de San Martiño era un Priorato gobernado por Mondoñedo. No ano 1840 prodúcese a división Xudicial da Provincia dacal resultan incorporados ao Concello de Santiago de Foz os concellos de Nois, Vilaronte e San Martiño. Pasa así o Concello de Foz a estar formado polas parroquias de Nois, Vilaronte, Santa Cilla, San Acisclo, Santiago de Foz, Cangas, Fazouro, Cordido, San Martiño de Mondoñedo e Moucide, esta última pasa a formar parte do Concello da Terra Cha do Valadouro. No ano 1888 concedeselle a Foz por Real Decreto o título de Vila.
Historia archivística
A historia do Arquivo vai paralela á historia do Concello de Foz como entidade xurídica autónoma e responde á necesidade de custodiar os documentos indispensables para a defensa dos seus dereitos e o bo funcionamentos dos seus servizos.
A constitución de Foz coma concello na súa forma actual data do ano 1857. Dende ese momento a Casa Consistorial estivo alugada en diferentes edificios particulares, ata que o 17 de xuño de 1978 inaugurouse a actual Casa do Concello.
Non podemos falar da existencia dun arquivo como o entendemos na actualidade ata que no ano 1993 o arquivo instalase nun edificio feito con posterioridade, anexo a Casa Consistorial. A derradeira renovación do arquivo faise no ano 2007.
No Arquivo está depositada toda a documentación dende o século XIX ata actualidade. A organización dos fondos estivo a cargo de persoal do Concello, ata que no ano 1994 levase a cabo a primeira organización documental por persoal coalificado, bolseiros da consellería de Cultura. posteriormente houbo outros bolseiros, que continuaron eventualmente coa organización da documentación. A partires do ano 1998 comezase unha organización dun xeito máis continuo, continuando a organización dende os traballos feitos con anterioridade. A partires desta data seguiuse o Cadro de Clasificación do Grupo de Traballo de Arquivos da Administración Local.
A documentación máis antiga data do ano1835 é o libro de actas de sesións de pleno.
Existen lagunas documentais , podendo ser estas debidas ós cambios de ubicación da sede do Concello
Alcance e conteúdo
Os diversos procedementos de selección de persoal dentro das administracións públicas, dentro delas as municipais, foron diversos e variables co paso do tempo xerando, determinadas series documentais específicas: é o caso dos concusos polos cales os aspirantes ós postos públicos son avaliados e seleccionados en función exclusivamente dos seus méritos profesionais.
Concurso-oposición nos que ademais dos méritos tamén se realiza unha proba examinatoria.
Oposicións polas cales o acceso ós postos públicos vén determinada pola realización exclusiva desa proba sen ter en conta os méritos profesionais.
Contratacións que inclúe o proceso de selección de persoal eventual.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Normativa:
Suxeito á lexislación vixente.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
As limitacións na reproducción de documentos están encamiñadas á protección e conservación destes. En aqueles documentos de acceso restrinxido, ademáis de cumplir o antedito requisito, só poderán ser reproducidos polos interesados ou con o permiso destes.
Lengua:
Galician
Spanish; Castilian
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia