O concello de Abegondo está situado ó Noroeste de Galicia, dentro da provincia da Coruña. Linda ó Norte cos concellos de Cambre e Bergondo, ó Sur con Cesuras, Mesía e Ordes, ó Leste con Betanzos e Oza dos Ríos e ó Oeste con Carral e Cambre.
Dezasete das actuais parroquias que forman o concello de Abegondo pertenceron no Antigo Réxime ás xurisdiccións de Abegondo, Mabegondo, Betanzos e Miraflores dentro da provincia de Betanzos, Crendes pertencía á xurisdición da Coruña dentro da provincia homónima e Montouto á xurisdición do val de Barcia dentro da provincia de Santiago.
Co establecemento dos concellos constitucionais no período do trienio liberal (1820-23), boa parte das actuais parroquias do concello de Abegondo quedaron englobadas dentro do concello de Viós, sendo substituído na nova división municipal elaborada en 1835 por Abegondo formado polas freguesías de Abegondo, Cabanas, Cerneda, Cis, Cos, Crendes, Cullergondo, Figueroa, Folgoso, Limiñón, Mabegondo, Meangos, Montouto, Orto, Presedo, Sarandós, Vilacova, Viós e Vizoño, se ben na creación oficial do concello en 1836, Cis pasou ó concello de Oza dos Ríos e engadíuselle Leiro procedente do concello deTrasanquelos.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Lengua:
Galician
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografiada
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Non se coñece a existencia de orixinais fóra do arquivo muncipal
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Dado o carácter administrativo dos concellos poderíase atopar documentación relacionada nos arquivos doutras administracións coas que o concello de Abegondo tivo contacto directo como por exemplo a Deputación Provincial, o Goberno Civil ou a Xunta de Galicia.
Notas
Nota general
O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.