Dende o punto de vista etimolóxico, Bergondo indica unha orixe céltica ou xermánica, que faría referencia ó rei Brigo, ou a unha elevación montañosa: berg. Do mesmo xeito, o topónimo Lubre é atribuído ó bosque sagrado dos celtas. Como tal, o concello nace no ano 1837, comezando a producción e custodia de documentación de acordo co desenrolo das súas actividades institucionais.
Historia archivística
O arquivo municipal de Bergondo está constituído polo conxunto organizado de documentos producidos e recibidos polo concello no exercicio das súas competencias.
O fondo documental abrangue documentos dende o ano 1836, ano da súa constitución, ata a actualidade.
O primeiro documento que fai referencia concreta a Bergondo está datado no ano 1138, onde se cita o abade Recendus de Burgundio, confirmando unha doación feita polo Conde de Traba á sua filla Urraca. Asimesmo, no testamento desta última (1193) tamén temos alusións a este topónimo, cando Urraca deixa unha doación ó mosteiro chamado de Bergondo.
Os Libros de actas do Pleno municipal están dixitalizados (datas extremas: 1836-2010).
Alcance e conteúdo
Esta serie é de suma importancia en todos os arquivos municipais. O libro de actas é un instrumento público solemne.Recolle as Actas extendidas polo Secretario para dar fé dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A consulta débese solicitar por escrito.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Consulta e/ou reproducción de documentos orixinais na oficina do arquivo, sempre que as circunstancias e lexislación vixente na materia o permitan.
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Estado de conservación:
Bo
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia