O Decreto do 31 de xullo de 1939 aproba os estatutos modificados da Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista. O artigo 4 establece que está integrada, entre outros entes, polas falanxes locais e as xefaturas provinciais. Non se fala das delegacións comarcais, pero si que regula as locais. Para constituír unha falanxe local necesítanse vinte afiliados militantes e a autorización da Xefatura Provincial.
O Decreto do 29 de abril de 1944, polo que se establece a nova ordenación da Fronte de Xuventudes, establece que aquelas delegación locais que o Mando estime oportuno tornarán delegacións comarcais, coa organización propia da local e a misión de inspección sobre o resto das locais comprendidas na comarca asignada.
A Orde do 5 de maio de 1945 establece que son xerarquías recoñecidas polos estatutos da FET e das XONS, ademais do delegado e o secretario locais, o delegado comarcal da Fronte de Xuventudes.
A Orde xeral núm. 13, do 22 de outubro de 1946, regula as delegacións comarcais:
As delegacións comarcais e locais da provincia están clasificadas segundo as súas posibilidades inmediatas e as unidades constituídas de falanxes xuvenís. As delegacións locais con residencia en cabeza de partido xudicial foron convertidas en delegacións comarcais e teñen unha función inspectora sobre o resto das delegacións locais comprendidas na súa xurisdición. A composición das delegacións comarcais e locais varía segundo a súa categoría. En principio, constan de :
1. Mandos: delegado, secretario, axudante e capelán.
O delegado asume, por delegación expresa do delegado provincial, o mando das Falanxes Xuvenís de Franco e dos encadramentos.
2. Un xefe de servizo, que realiza as actividades formativas baixo as ordes inmediatas do delegado.
3. Os xefes das unidades de Falanxes Xuvenís de Franco (Centuria, Falanxe e Escuadra)
4. Os mestres instrutores elementais para os centros de ensino e os instrutores axudantes para os centros de traballo, onde existan.
Todos estes elementos son de execución das decisións do Mando Provincial.
Para facilitar o labor das delegacións comarcais e locais, créase na provincia un sistema de colaboración e axuda, como a clasificación en categorías e a dotación económica a través do Fondo Provincial de Compensación. Os delegados comarcais e locais non poden facer gastos con cargo a presupostos extraordinarios ou especiais sen a aprobación do Mando Provincial.
Historia archivística
A documentación chegou ao Arquivo do Reino de Galicia mediante unha transferencia irregular: tratouse máis ben dunha recuperación ante unha posible destrución. Nos anos 80 do século XX, (aproximadamente no 1989), ante o inminente traslado da sede da delegación, o persoal do ARG achegouse ata o edificio da praza de Pontevedra para recoller toda a documentación "almacenada" no depósito das caldeiras. Por suposto, sen ningún tipo de clasificación nin identificación ou relación. Así, o que nun principio parecía unicamente documentación da Fronte de Xuventudes, abrangue tamén documentos da Sección Feminina, do SEU, da delegación provincial do Ministerio de Cultura, e mesmo da Consellería.
Así, pódese afirmar que estamos ante nove fondos, herdeiros os últimos do primeiro. Serían:
- a documentación da Xefatura Comarcal do Movemento de Betanzos;
- a da Delegación Provincial de Xuventudes;
- a da Sección Feminina;
- a da Delegación Provincial de Asociacións / Familia;
- a Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo;
- a Delegación Provincial do Ministerio de Educación e Ciencia;
- a Delegación / Dirección Provincial do Ministerio de Cultura;
- a Delegación Provincial da Consellería de Cultura;
- a Delegación Provincial da Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes.
E un décimo fondo, a documentación da "Sociedad La Terraza" chegou mesturada con estes fondos, probablemente porque compartiran as mesmas instalacións.
Alcance e conteúdo
O conxunto da documentación deste fondo custodiada no Arquivo abarca os anos 1936-1970.
Trátase de series moi curtas; as máis voluminosas son as de correspondencia de entrada e de saída.
Estamos ante un fondo que ilustra a organización do Movemento a nivel comarcal, fóra das grandes estruturas estatais e provinciais.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Normativa:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao ser depositados no ARG os documentos que integran o fondo, adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español; por tanto, pasan a gozar do réxime de protección que esas normas establecen para as ditas categorías de bens culturais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografiada
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Trátase de documentación textual sobre papel, en bo estado de conservación.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Pode considerarse como relacionada a documentación das institucións do Movemento Nacional: Delegación Provincial de Xuventudes, da Sección Feminina e de Asociacións / Familia. Tamén é documentación complementaria a da Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo, do Ministerio de Educación e Ciencia, do Ministerio de Cultura e da Consellaría de Cultura e da Consellaría de Turismo, Xuventude e Deportes. Atoparemos documentación complementaria nos arquivos históricos provinciais e no Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares.
Notas
Nota general
As unidades de instalación están compartidas con outros fondos.
Conta con instrumentos de traballo complementarios: estudos das series identificadas e base de datos de lexislación.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia