1587-1857
Alcance y contenido: A produzón propia dunha parroquia: libros de bautizados, casados, defuntos, confrarías, etc.
Depósito
Historia institucional o biografía: Por unha escritura de 1156 expedida polo bispo de Tui sabemos que esta parroquia chamábase entón Medeir, nome que derivou no actual Meder. Pertence ó concello de Salvaterra de Miño.
Avelino Bouzón Gallego, director, Roberto Fernández Díaz, auxiliar, Macarena Cuiñas Gómez.
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=300614
und
Ós documentos poden acceder os investigadores e todo o aquel que xustifique a súa utilización por motivos persoais. Deben aterse ás limitacións das leis vixentes e o regulamento dos arquivos eclesiásticos españois.
A reproducción está moi limitada para evitar o deterioro e garantir a integridade da documentación. Existen uns impresos para solicitar fotocopias e reproduccións dixitais.
Meder, Santo Adrián de
Colección
1 Metros lineales
No existen copias
Instrumentos de descripción: Ficheiro temático, guías e inventarios.
Papel
Historia archivística: O Arquivo Histórico Diocesano foi erixido en 1974 para asegurar e difundir o patrimonio documental conservado nos arquivos parroquiais da diocese con dilixente esmero por parte dos párrocos. Ese inaprezable tesouro chegou íntegro ata nós, salvo moi contadas excepcións, nas que sufriu deterioros por deixamento persoal ou por destrución a mantenta, coma no caso do saqueo e queima dos arquivos das parroquias do Porriño, de Vilavella e de Redondela polos franceses en 1809. Para evitar perdas irreparables das fontes que posibilitan a reconstrución da vida relixiosa, cultural, económica e social dos tempos pretéritos, en 1971 a Conferencia Episcopal Española determinou que se transferiran os arquivos parroquiais con máis de cen anos de antigüidade ó Arquivo Histórico Diocesano. Facéndose eco da importante iniciativa, o Boletín Oficial del Obispado de Tuy-Vigo, número 115 (1974), publicou o decreto do entón bispo da diocese, D. José Delicado Baeza, no que dicía: “De conformidade co acordo da Confederación Episcopal Española dispoñemos que os arquivos parroquiais con antigüidade de cen anos se transfiran ó arquivo xeral diocesano, conservando a súa propiedade as respectivas parroquias”.
Co mencionado decreto de 1 de maio de 1974 creouse o Museo e Archivo Diocesano baixo a dirección do sempre lembrado D. Jesús Gómez Sobrino. Ambas entidades patrimoniais e culturais permaneceron unidas e ocuparon o nobre edificio do antigo hospital de pobres e peregrinos, inmediato á catedral, que o prelado D. Juan Manuel Rodríguez Castañón construíra ás súas expensas en 1756 sobre outro anterior, levantado no século XVI.
Polo 1983, para mellorar o ordenamento físico do Arquivo Capitular, habilitáronse as dependencias do non utilizado pazo de contaduría, sito no lado norte da catedral. As obras realizáronse no 1797, sendo bispo D. Juan García Benito. No ano 1994 trasladouse tamén alí o Arquivo Histórico Diocesano. Dende xuño de 1998, xa co bispo actual, D. José Diéguez Reboredo, separáronse totalmente os arquivos Catedralicio e Diocesano do Museo Histórico Diocesano.
O Arquivo Diocesano dispón, ademais, dunha biblioteca especializada en temas históricos para facilitar o traballo dos investigadores.
TEXT
(unknown)
(unknown)