1956-2007
Alcance y contenido: Documentación remitida polos autores pertencentes á Asociación con destino ao Centro de Documentación, formada por reproducións de recensións e críticas de libros, seleccións de textos, retratos e biobibliografías dos autores asociados.
Doazón. Doazón da Asociación de Escritores en Lingua Galega do 19 de setembro de 2007.20070919
Historia institucional o biografía: A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) foi fundada no ano 1980 e é a entidade oficial que reúne a máis de 380 escritores da literatura galega en todas as súas manifestacións: poesía, narrativa, teatro, ensaio, escrita científica, traducións...
A AELG é un dos órganos instituídos pola Academia Sueca con competencia oficial para presentar candidatura aos Premios Nobel. Forma parte do European Writers' Congress.
A AELG agrupa autores residentes tanto en Galiza canto fóra dela, asumindo como único requisito de afiliación a condición de contar cando menos cun libro individual publicado en lingua galega.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega traballa a prol da dignificación do oficio de escritor, así como da promoción dos autores e das súas obras, do fomento da interconexión e intercambio entre eles, da interrelación con outros profesionais, quer sexa doutras literaturas ou doutras áreas en xeral, proporcionando foros para o debate das ideas cunha perspectiva monográfica, mais tamén transversal. A AELG vela polas inquedanzas e intereses dos autores en lingua galega, poñéndoos en conexión coa sociedade e reclamando a atención das institucións e medios de comunicación sobre eles e as súas necesidades.
A AELGoutorga o Premio AELG á mellor obra literaria do ano e organiza congresos, xornadas e actividades varias, colaborando, ademais, en iniciativas afíns organizadas por outras entidades e institucións.
A AELG forma parte, xunto coa Asociación de Escritores en Euskera e a Asociación de Escritores en Lingua Catalá, do lanzamento do GALEUSCA, un encontro anual de escritores dos tres espazos literarios organizado de xeito rotativo polas tres asociacións promotoras.
Instalación e descrición do fondo: Ricardo Axeitos Valiño (2011)
Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=387633
und
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Asociación de Escritores en Lingua Galega
Colección
7 Unidade(s) de instalación
No existen copias
Historia archivística: Descoñecida
TEXT
(unknown)
(unknown)