1915-1925
Alcance y contenido: Diferentes planos do percorrido da vía do tren ao seu paso polas Xubias (A Coruña). 1Plano longo da vía, no centro afastándose cara ao fondo. Por ela achégase un tren rodeado dunha nube de vapor. Á dereita no primeiro plano unha casa algo elevada sobre a vía, con adornos modernistas nas cornixas. Aos lados da vías, prados. 2 Plano curto da vía que se afasta dende o primeiro plano á esquerda até o fondo, no seu percorrido a beira do mar. Á dereita no 1º plano a cabeza con pucha dun neno de costas. No segundo plano o mar. Ao fondo, os peiraos, e as casetas dos pescadores. 3 Plano afastado da vía, no seu paso á beira do mar, tomada dende unha leira. No centro o mar, onde aboian as chalanas. Pegada á vía, unha rampa desce até a auga, e nela varias lanchas. Por riba da rampa un nucleo de casas. A vía remata nun tunel.
Compra. Encuadernacións Ex Libris (Martínez Longueira, R.)20041028
Historia institucional o biografía: O 30 de setembro de 1906 inaugurase oficialmente, no salón da coruñesa Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns, a Real Academia Galega, que xa fora constituída o 4 de setembro de 1905. No acto conflúen os dous vieiros principais do galeguismo naquela altura. O primeiro deles, agrupado arredor de Manuel Murguía, representa a continuidade do programa do Rexurdimento e do Rexionalismo, mentres que o segundo proviña da vizosa comunidade de emigrantes galegos en Cuba onde naceu, en 1905, a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega. A Asociación Iniciadora foi a principal fornecedora das remesas precisas para acometer os gastos da fundación e sostemento da Academia e tivo por obxecto, segundo o seu propio regulamento: "darlle unidade ao idioma galego mediante a publicación dunha gramática e un dicionario". A figura senlleira do litógrafo de orixe ferrolá, Xosé Fontenla Leal, apadriñado polo prestixio intelectual de Curros Enríquez, foi fundamental na organización e bo resultado deste proxecto.
Os anos de Murguía, 1906-1923 Baixo o gran prestixio persoal e intelectual de Manuel Murguía, a Academia vive a súa idade de ouro. Dá comezo unha intensa actividade organizando numerosos actos culturais e celebrando frecuentes plenarios por todo o País. É agora tamén cando se acordan as bases para a elaboración do dicionario que empeza a ser publicado por entregas entre 1912 e 1928, ou se conseguen ampliar as dependencias da Academia grazas ao seu traslado ata o edificio do Concello en María Pita. Pero, sobre todo, neste período encétase a publicación do Boletín da Real Academia Galega, do que se chegaron a editar 149 números en vida de Murguía. Coa súa morte o 1 de febreiro de 1923, aos noventa anos, o primeiro Presidente deixa como legado unha Academia forte, ben organizada e cun camiño ante si rigorosamente trazado.
Entre Murguía e a República, 1923-1936 Nesta segunda etapa, ocupan sucesivamente a presidencia Andrés Martínez Salazar (1923), Francisco Ponte Blanco (1923-1926), Eladio Rodríguez González (1926-1934) e Manuel Lugrís Freire (1934-1935). A inesperada e precoz morte do prestixioso investigador e editor Martínez Salazar, considerado o herdeiro natural de Murguía, supón un importante revés para a Academia, agravado pola suspensión das remesas procedentes de Cuba e a instauración da ditadura de Primo de Rivera. Aínda así, a incorporación de importantes persoeiros da nova xeración galeguista, como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Castelao e Antón Villar Ponte, xunto coa axuda económica chegada da recentemente constituída Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega de Bos Aires, semellaba augurar un espléndido porvir para a nosa institución tronzado, traxicamente, polos sucesos de 1936.
Os anos escuros, 1942-1977 Tras a Guerra Civil, a Academia entra nun estado de semiclandestinidade, moi próximo ao da súa desaparición definitiva. Sometendo a silencio, exilio ou morte á parte máis consciente do galeguismo republicano, o réxime franquista só tolera unha continuidade simbólica e testemuñal da Academia, que non volve constituírse formalmente ata o ano 1943, so a presidencia de Manuel Casás. Malia todo, a entrada na Academia de intelectuais procedentes do chamado "Grupo Galaxia" daralle un novo pulo á institución. Así, por iniciativa de Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo dá comezo en 1963, durante a presidencia de Sebastián Martínez-Risco, a celebración do Día das Letras Galegas. Desta maneira, e coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, inaugúrase a conmemoración máis importante da nosa cultura e de maior repercusión social.
Na democracia, 1977-1997 Da longa presidencia de Domingo García-Sabell podemos destacar diversos feitos de importancia histórica, como o Acordo Ortográfico de 1982, o recoñecemento á RAG na Lei de Normalización Lingüística, a creación do Seminario de Lexicografía -no seo do cal se elaboraría o primeiro dicionario monolingüe da RAG- ou, máis tarde, do Seminario de Sociolingüística, que se encargaría da realización do Mapa Sociolingüístico de Galicia, entre outras achegas. É tamén neste tempo, en 1978, cando se completa o traslado da Academia desde as dependencias municipais ata a súa actual sede no número 11 da rúa Tabernas.
Cara á actualidade Os catro anos de presidencia de Francisco Fernández del Riego, entre 1997 e o 2001, supuxeron unha apertura sen precedentes na historia da Academia. Durante este período, ingresaron na institución intelectuais de prestixio procedentes dos diversos ámbitos culturais ou científicos, mais, sobre todo, renovouse a vontade de servizo ao País e de participación nos debates do seu tempo. Xa na presidencia de Xosé Ramón Barreiro, proseguiuse a liña de diálogo e asunción de responsabilidades marcada polo seu predecesor. O resultado deste compromiso concretouse en feitos como o Acordo Ortográfico de 2003. Unha vontade de compromiso e implicación na defensa da lingua e cultura de Galicia que pretende ser o constante propósito da Real Academia Galega para o século que comeza.
As anotacións que teñen as fotografías -todas as fotografías, non só as do fondo de Coleccións- corresponden a:
- As que comezan por AF (AF14/S9/13 por exemplo) indica a signatura outorgada por Susana Chouciño en 1999. O seu traballo está conservado nunha base de datos.
- As que comezan por R. (R.2240 por exemplo) corresponda ao número de rexistro adxudicado polo programa ApcImatge, mercado pola RAG no ano 2002 ao Centre de Recerca i Difusió de la Imatge (CRDI), do Concello de Girona que foi utilizado exclusivamente por Nélida Cosme Abollo.
-As que comezan por F (FS, FM, FL, FXL) son as utilizadas na última organización das fotografías do Arquivo, ano 2003.
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=463766
und
A vía do tren ao seu paso polas Xubias
Ilustraciones y Fotos
3 Fotografía(s). 3 positivos, 13 x 18 cm, papel, xelatina DOP
3 Fotografía(s)
No existen copias. M-9-49
M-9-50
M-9-51
Historia archivística: Esta colección facticia está formada por todas aquelas fotografías soltas, procedentes de adquisicións, doazóns, ou sen procedencia coñecida, que no seu conxunto non conforma unha estrutura orgánica.
Arquivo da Real Academia Galega
IMAGE
(unknown)
(unknown)