1490-1977
Alcance y contenido: O fondo abrangue un período cronolóxico que vai desde 1375 ata a década dos 70 do século XX, aínda que o período mellor representado é o que comprende os séculos XVI a XIX, ambos incluídos.
O material escritorio é o papel.
Polo que respecta ás diferentes seccións, cómpre destacar en primeiro termo a de patrimonio, tanto no que atinxe os títulos como a administración, con series amplamente representadas como é o caso de diferentes escrituras: arrendamentos, compravendas, doazóns, foros, permutas, testamentos, conciliacións, etc.; ou os expedientes de partición de herdanzas, preitos, cartas de pagamento, contas, etc.
Tamén podemos destacar en numerosos subfondos as seccións correspondentes a diferentes arquivos individuais, como no caso das casas de Bieite, Castrofeito ou Castro do Seixo. Nelas podemos atopar información de tipo persoal, como distintos tipos de certificados ou correspondencia; pero, máis habitualmente, información sobre os diferentes cargos e oficios exercidos por diversos membros destas casas: xa no século XIX e no pazo de Bieite, abundante información sobre cargos públicos de Fernando Barreiro e do seu fillo, o político José Joaquín Barreiro; en Castrofeito, os cargos exercidos, tamén preferentemente no século XIX, por parte de Fernando Ferro de Castro; para os séculos XVII e XVIII conservamos bastante documentación dos cargos exercidos por Andrés Montero de Villar, pai e fillo.
Cómpre destacar, por outra banda, dentro da sección de Padroados e Obras Pías, a documentación da Obra Pía de San Antonio en Melide. En realidade achégase a este fondo porque algúns membros da familia exerceron diversos cargos na institución, que pertencía á casa de Segade, de orixe tamén melidense.
Finalmente, algúns documentos non se puideron identificar como pertencentes a ningunha das casas ou seccións, polo que se incluíron na sección de documentos sen adscrición.
O fondo proporciona información para unha ampla zona do interior da Coruña, especialmente nos municipios de Boimorto, O Pino, Arzúa, Melide, Touro ou Santiago de Compostela. Tamén do municipio da Coruña e doutros próximos como Cambre, Betanzos, Sada, Arteixo, Oleiros, etc. Ademais, conservamos algunha documentación de zonas da provincia de León.
Comodato. Este fondo está depositado no Arquivo do Reino de Galicia tras acordo coa familia Álvarez Maristany. Concretamente, con María Dolores Cordera García, viúva de Francisco Javier Álvarez Maristany. A Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia emitiu o informe favorable o 15 de decembro de 2010. O contrato entre a Consellería de Cultura e Turismo e a familia asinouse o 22 de xaneiro de 2011 e a acta de recepción definitiva o 10 de febreiro dese mesmo ano.20110210
Historia institucional o biografía: Álvaro Mandaio Gómez Sivil, morto antes de 1560, era xa dono do pazo de Bieite. Exercía a xurisdición civil e criminal, que en 1693 pasa ás mans do arcebispado. Casou con Inés Sánchez de Boado.
Parece que o sucede no pazo o seu fillo, Pedro Sánchez de Sivil Boado, que casou con María Núñez arredor de 1570.
O seu fillo, tamén chamado Pedro Sánchez de Sivil o Mozo, casou con María García Monterroso.
Juan García de Boado casou con Catalina Álvarez de Figueroa, que procedía da casa de Figueroa, no couto de Cecebre.
A súa neta, Andrea Sánchez Boado, nada en 1676, casou con Bartolomé Sánchez Moscoso, do pazo de Castro do Seixo en Codesoso, con amplos intereses en Melide e na súa contorna. Segundo algúns datos era el quen tiña o pazo de Bieite por un dote de seu tío, Domingo Antonio González Moscoso, tras un troco que realizara con Rodrigo de Boado e outros.
Bartolomé Sánchez Moscoso agregou un terzo e un quinto dos seus bens ao vínculo e pediu a sucesión do pazo de Quinta en Sendelle, por herdanza de seu tío, xa mencionado. Incorporou parte dos bens da súa primeira muller, Isabel das Seixas Pimentel, procedente da casa de Bascuas, quen a súa vez estivera casada con Gregorio Manuel de Prado.
Sucédeos no vínculo o seu fillo, Ignacio Sánchez Moscoso, morto en 1776. Casou en 1724 con Bernarda de Prado y Seixas.
Os bens pasaron ao seu fillo, José Benito Moscoso y Prado, nado en 1724 e morto en 1793. Foi avogado da Real Audiencia e decano do Colexio de Avogados. Casou con Bernardina Verea y Aguiar en 1756, que achegou bens nas Mariñas e outras partes e do pazo de Sendelle.
Herdou, tras unha serie de vicisitudes, a súa filla, Juana Moscoso y Verea, nada en 1758 e morta en 1797. En 1782 casou con Andrés Ramón Barreiro Bolaño, procedente das casas de Maroxo, Dúas Casas e Ferreiros.
Segue a liña Fernando Barreiro Moscoso, nado en 1786 e morto en 1843. Casou con Juana Baleato. Algunhas fontes din que era filla de Juana Baleato e de Fernando Ferro de Castro, pero o certo é que a súa nai foi solteira e disputou preito por paternidade con outra persoa. Herdou parte dos bens de Juana Baleato. É certo que Fernando Ferro de Castro, ao morrer sen descendencia, deixou os bens ao seu parente, Fernando Barreiro: con isto engadíanse os bens das casas de Castrofeito e de Ferreiros e Dúas Casas. Fernando Barreiro tivo unha ampla carreira militar que iniciou moi novo na Guerra da Independencia.
O seu fillo, o político José Joaquín Barreiro Moscoso, nado en 1816 e morto en 1870, casou en 1848 con María Luisa Taboada de Losada, da casa de Tor. Tanto ela como o fillo que tiveron morreron moi cedo. Casou de novo con Alejandra de la Riva Berraondo. Ela morreu en 1889.
José Joaquín foi deputado a Cortes en varias ocasións e exerceu varios cargos públicos e privados. Tiveron unha filla, chamada Mercedes Barreiro de la Riva, que en 1875 casou co avogado coruñés Enrique Álvarez Mir. Tiveron varios fillos: Enrique, Rosario, María Mercedes e Elena.
Descrición realizada por Gloria García López e Dulce Villares Cuba baixo a dirección de Carmen Prieto Ramos
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=1077816
spa
Existen preitos do fondo da Real Audiencia de Galicia que teñen como demandantes ou demandados a membros desta familia.
Os deseños que forman parte do fondo son obxecto de propiedade intelectual por parte dos seus autores cando se teña constancia deste dato (art. 1, 4, 14 do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, aprobación do texto refundido de propiedade intelectual).
Acceso libre en xeral. Determinadas series están afectadas por limitacións no acceso, de acordo coas condicións xerais da lei. . Normativa: Ao estaren depositados no Arquivo do Reino de Galicia e moitos contaren con máis de cen anos, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan o artigo 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia; o capítulo III da Lei de arquivos de Galicia, Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia; e o establecido nos artigos 49 e 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. Así, pasan a gozar do réxime de protección que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Os límites de reprodución desta documentación veñen dados tanto polo seu estado de conservación (cando este non sexa bo, aínda que non é o caso da meirande parte do fondo), como polas condicións de acceso.
Tendo en conta a segunda opción son reproducibles todos os documentos susceptibles de consulta. A normativa de aplicación é a que segue:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Pazo de Bieite
Colección
51 Unidade(s) de instalación
Non existen copias
Instrumentos de descripción: Instrumentos de descrición específicos: -Árbores xenealóxicas (base Cumberland Family Tree) -Mapas de posesións
Historia archivística: Non consta a historia desta documentación.
Loxicamente estaría nas casas de cada familia o que foi conformando o núcleo final do pazo de Bieite; finalmente, quedaría reunido neste lugar ata o seu traslado ao domicilio familiar da Coruña.
Parece que a organización de tipo xeográfico por zonas ou parroquias só correspondía a unha parte do fondo, xa que os documentos dos séculos XIX e XX chegaron sen asomos de organización.
TEXT
(unknown)
(unknown)