9999
Onomástica antiga: - Elvira Muniz - Ruy Martinez de Villarino - Fernan Bezerra - Eynes Gomez Toponimia antiga: - Sancti Estevao - Leylya - Brion - Lineiro - Cançes - Marzelle Notario: - "Loppo Gomes notario del Rey ... Brigantinus e ... Seaya".
Alcance y contenido: Documentos soltos, de orixe público e privado, aínda que predominan os segundos. Os tipos documentais abranguen vendas, foros, sentenzas, pesquisas ou informacións e algún privilexio real entre outros. A súa orixe xeográfica comprende as catro actuais provincias galegas, se ben maioritariamente se concentran na actual provincia de A Coruña e o norte da de Pontevedra. A presencia de documentos elaborados fora de Galicia é minoritaria.<br> Existía un grupo de 147 documentos que orixinariamente atopábanse encadernados nun volume, do que se conservan a cuberta e índice formando parte da colección (PLA-04/286)..
Historia institucional o biografía: Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=1506168
und
und
und
Libre acceso en función do estado de conservación.
Elvira Muñiz e o seu marido Ruy Martínez de Villarino fan doazón a Fernán Becerra e a súa muller Inés Gómez da cuarta parte das heredades que aquela ten polos seus pais na vila de Santo Estevo e en Leiloio, Brión, Liñeiro e Cances e nas feligresías de Santo Estevo de Marcelle, Santa María de Leiloio e San Martiño de Cances.
Manuscritos
1 Fotografía(s). 120 x 172 mm.. Presenta buracos de ter estado cosido, encadernado
Instrumentos de descripción: Figuraban os seguintes: Ordenación cronológica de los pergaminos existentes en la Fundación Penzol / traballo realizado por José Manuel Souto González en 1980 cun pequeno catálogo onde se recollen 22 documentos. - Fondos sueltos en pergamino, de los siglos XII-XV, de la Biblioteca Penzol / catálogo elaborado por Mª Amelia Cibeira Badía coa descrición de 172 documentos e índices de notarios e toponímico. Curso 1986-1987.
Bibliografía: Fernández Bernárdez, María: Edición de textos medievais do patrimonio documental da Fundación Penzol de Vigo: Estudo da formulación notarial na tipoloxía da transacción de patrimonio.[Universidade de Vigo. Facultade de Filoloxía e traducción. IV Programa de Doutoramento Filoloxía Galega e Identidade Cultural. Ano académico 2004-2005]. Inédito. Existe unha transcrición de 34 documentos realizada por Carolina Pérez Aguilera.
Pergameo
Historia archivística: Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
TEXT
(unknown)
(unknown)