9999
Leva anotacións ao verso: Vai cosido a un bifolio de papel (310 x 430 mm.) que lle serve de cuberta. Onomástica antiga: - Juan da Hermida - Goncalo da Hermida - Fernan Carbon - Pedro Carbon - Maria Carbon / Carboa - Gomez da Albela Toponimia antiga: - Sancto Estebon de Lagartoos - Sancta Maria de Aguioos - Pregueçido - San Payo de Figueiroa A antiga feligresía de San Paio de Figueiroa é hoxe San Paio da Estrada, na que existen os lugares de Figueiroa de Arriba e Figueiroa de Abaixo. Notario: - "Roy Fernandes, notario publico por la abtoridade apostolica e lugarteniente de notario en terra de Vea con su jurdicion por el señor Alvaro Lopez Galos, notario hordenario de la dicha terra".
Alcance y contenido: Contén: 1.- 1515-03-07 / Figueiroa (San Paio de Figueiroa) Xoán e Gonzalo da Hermida, irmáns, veciños de Santo Estevo de Lagartóns, venden a Fernando e Pedro Carbón, veciños de Santa María de Aguións, por metade, a parte que teñen nas casas e heredades do lugar de Preguecido, na parroquia de Aguións, por dous ducados de ouro. 2.- 1530-05-09 / Preguecido (Santa María de Aguións) Gómez da Albela e a súa muller María Carbón ou Carboa, veciños de Santa María de Aguións, e Gabriel Carbón, heredeiro universal de Pedro Carbón, en nome dos seus irmáns, venden a Gómez Rodríguez, coengo na Iglesia de Santiago, a parte que Fernando e Pedro Carbón tiñan no lugar de Preguecido, feligresía de Aguións, por dous ducados de ouro. 3.- 1530-05-09 / Preguecido (Santa María de Aguións) María Carbón, ou Carboa, outorga o seu consentimento á venda anterior.
Historia institucional o biografía: Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=1506296
und
und
tel
und
Libre acceso en función do estado de conservación.
Escrituras de venda de bens sitos no lugar do Preguecido, feligresía de Santa María de Aguións.
Manuscritos
1 Fotografía(s). 580 x 625 mm
Instrumentos de descripción: Figuraban os seguintes: Ordenación cronológica de los pergaminos existentes en la Fundación Penzol / traballo realizado por José Manuel Souto González en 1980 cun pequeno catálogo onde se recollen 22 documentos. - Fondos sueltos en pergamino, de los siglos XII-XV, de la Biblioteca Penzol / catálogo elaborado por Mª Amelia Cibeira Badía coa descrición de 172 documentos e índices de notarios e toponímico. Curso 1986-1987.
Bibliografía: Fernández Bernárdez, María: Edición de textos medievais do patrimonio documental da Fundación Penzol de Vigo: Estudo da formulación notarial na tipoloxía da transacción de patrimonio.[Universidade de Vigo. Facultade de Filoloxía e traducción. IV Programa de Doutoramento Filoloxía Galega e Identidade Cultural. Ano académico 2004-2005]. Inédito. Existe unha transcrición de 34 documentos realizada por Carolina Pérez Aguilera.
Pergameo
Historia archivística: Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
TEXT
(unknown)
(unknown)