Para acceder á totalidade das imaxes, débese premer na icona.
Alcance y contenido: Representacións fotogramétricas aéreas do territorio dos concellos da provincia da Coruña. Realizadas a unha escala aproximada de 1 : 2.500, as fotografías reproducen porcións cuadrangulares de tamaño variable de cada un dos polígonos en que se divide o espazo ocupado por cada concello para os efectos da súa representación.
As fotografías numéranse de forma correlativa, con cifras ou con cifras e letras, dentro de cada polígono. Pola súa vez, cada un destes tamén se numera polo mesmo sistema.
Para saber de que parte do territorio é representación a fotografía, hai que consultar previamente os "planos de distribución de fotografías aéreas", tamén denominados "pañoletas".
Sexa por non existir o concello no momento da realización das fotografías, sexa por outras circunstancias, non se conservan representacións fotogramétricas dos seguintes concellos: Cabanas, Cariño, Cerceda, Corcubión, Pontedeume, Sobrado.
Nalgúns destes casos, as imaxes deben buscarse nas correspondentes aos concellos dos que se segregaron (Ortigueira, no caso de Cariño) ou nos limítrofes (Cee, no caso de Corcubión). Noutros, as fotografías substituíronse por exemplares do Mapa Topográfico Nacional (Cabanas e Pontedeume). Noutros, en fin, os concellos actuais son agregacións doutros anteriores, que aquí figuran separados. Así Oza-Cesuras.
Volume dos documentos da sección de "Rústica": aproximado. Non se contabilizan numerosas unidades que ingresaron mesturadas cos documentos correspondentes á riqueza rústica.
Transferencia20021227
Transferencia17/02/2003
Transferencia05/05/2003
Transferencia09/03/2005
Transferencia26/01/2006
Transferencia01/12/2010
Transferencia20/11/2013
Transferencia25/08/2014
Historia institucional o biografía: As xerencias territoriais créanse no artigo 13 do Real Decreto 1279/1985, do 24 de xullo, como órganos territoriais periféricos executivos encargados da formación, conservación e revisión dos catastros rústicos e urbanos. Unha orde posterior, do 28 de xullo de 1986, determinou a súa composición e funcionamento. Polo Real decreto 1725/1993, estas xerencias intégranse nas delegacións de Economía e Facenda de cada provincia como unha delegación especial.
Nas provincias onde exista unha Delegación Especial de Economía e Facenda, como é o caso na Coruña, as xerencias teñen carácter rexional (Real decreto 390/1998, do 13 de marzo)
As xerencias rexionais e territoriais dependen da Dirección Xeral do Catastro, que é o centro directivo integrado na Secretaría de Estado de Facenda e Orzamentos do Ministerio de Facenda (Facenda e Función Pública, na data da redacción deste texto – novembro de 2016-), que ten encomendadas as funcións de elaboración, mantemento e xestión do Catastro Inmobiliario Rústico e Urbano.
O Catastro Inmobiliario é un rexistro administrativo no que se describen os bens inmobles rústicos, urbanos e de características especiais. Esta descrición catastral comprende as súas características físicas, económicas e xurídicas, entre as que se atopan a localización e referencia catastral, a superficie, o uso ou destino, a clase de cultivo ou aproveitamento, a calidade das construcións, a representación gráfica, o valor catastral e o titular catastral.
. http://www.archivoscastillayleon.jcyl.es/web/jcyl/ArchivosCastillaYLeon/es/Plantilla100Detalle/1284385515226/_/1258121185166/Archivo?titulo=clasificador
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=1534820
und
Acceso libre
Cabana de Bergantiños
Colección
249 Fotografía(s)
Historia archivística: Os documentos recibíronse directamente do seu produtor, a Xerencia Rexional do Catastro.
TEXT
(unknown)
(unknown)