O Instituto "José Cornide" de Estudios Coruñeses constituiuse o 3 de xullo de 1964 e ten como finalidade a investigación, estudo e divulgación nas diferentes áreas do coñecemento, prestando especial atención á realidade socio-cultural e científica da cidade da Coruña, a súa zona de influencia e Galicia. Nese sentido, busca canalizar a actividade cultural das persoas interesadas no pasado, presente e futuro da cidade.
Constituiuse a iniciativa do entón Alcalde da Coruña, Eduardo Sanjurjo de Carricarte e por Decreto da Alcaldía de 8 de xullo de 2016 integrouse, de maneira provisoria, na estrutura municipal do Concello da Coruña como Servizo de carácter Cultural e de Investigación, órgano especial da administración de carácter desconcentrado baixo a dependencia orgánica da Área de Alcaldía e funcional da Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento.
O Instituto "José Cornide" está dividido en tres diferentes seccións: os fondos de Salvador de Madariaga, os fondos de Víctor López Seoane e os fondos procedentes doutras doazóns e de intercambios.
ACCESO
El acceso a la documentación es libre con las restricciones que, por razón de la materia, impone la legislación vigente o el estado de conservación.
Para la consulta de los documentos es necesario que el peticionario se identifique con algún documento oficial de identidad (DNI o pasaporte).
HORARIO DE ATENCIÓN AL PÚBLICO
Invierno :
Lunes a Viernes: 8:30 a 14:00 h
Verano :
Lunes a Viernes: 8:30 a 13:30 h.
CONTACTO
Teléfono: 981 22 74 51
Fax: 981 22 74 51
Correo electrónico: direccion@cornide.gal
Web: https://www.cornide.gal