Nace Andrés Martínez Salazar o 8 de febreiro de 1846 en Astorga e morre o 6 de outubro de 1923 na Coruña. Estuda primeiramente no Seminario de Astorga. O bachalerato faino en León logo estudia en Oviedo e Madrid graduandose en Diplomática, e ingresa no Corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios. O primeiro destino é, aos 19 anos, no arquivo do Ministerio de Gobernación onde pasa 4 anos, despois pasa 5 anos no Archivo General Central de Alcalá de Henares. En 1871 solicita o traslado a Galicia e ao ano seguinte é destinado ao Arquivo Regional de Galicia, baixo as ordes de M. Murguía que era o director. Casa na Coruña con Petra Morás Suevos coa que tivo 19 fillos e queda xa definitivamente vinculado á cidade. Arquiveiro, investigador e editor foi un dos grandes impulsores da cultura galega. No seu labor como editor é de destacar a fundación da Biblioteca Galega, a creación -e dirección- da revista Galicia Revista Regional. Monta tamén a Librería Regional, que será coñecida máis tarde como “A Cova Celtica”. Entre os seus múltiples cargos pódense citar: Presidente da RAG e da Asociación de Prensa da Coruña, membro da Academia de Belas Artes, da Comisión Provincial de Monumentos de Coruña, da Sociedad Económica de Amigos del Pais e do Ateneo León XIII de Santiago, da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, das Reales Academias de Historia y de la Lengua, do Instituto Histórico de Miño e foi, ademais, o primeiro Cronista Oficial de Coruña.
Fondo formado na RAG a partir de documentación miscelanea de Andres Martínez Salazar
Descripción de la forma de ingreso: A documentación da serie: 02.17.5.3 Autógrafos de cinco personalidades portuguesas, foi doada por Eduardo Martínez Morás. 14 de outubro de 1961.A documentación das series: 02.17.4.1.2 Transcrición da tradución ao galego dun tratado de albeitaria, 02.17.5.2 Fotografías de retratos de herois da Guerra de Independencia, foi doada por Eduardo Martínez Morás. 24 de marzo de 1964.As series 02.17.4.1.1 Documentos e notas sobre a historia de Betanzos e dos Andrade, e a 02.17.4.1.3 Manuscritos, notas e apuntamentos soltos foron doadas por C. Martínez Barbeito.A documentación da serie: 02.17.1.1.1 Correspondencia entre Marcelo Macías y García e Andrés Martínez Salazar, procede das seguintes doazóns:- Doazón de Sebastián Martínez Risco: cartas de Marcelo Macías y García a Andrés Martínez Salazar. Febreiro de 1973. As cartas, anteriormente, foran regaladas por Elena Martínez Morás a Sebastián Martínez Risco.- Doazón de Andrés Martínez-Morás e Soria: carta de Marcelo Macías y García a Andrés Martínez Salazar (Ourense, 22, abril, 1911). 25 de xullo de 1973.- Doazón de Sebastián Martínez Risco: correspondencia cruzada entre Marcelo Macías y García e Andrés Martínez Salazar. 5 de setembro de 1975.A documentación das series: 02.17.1.1.2 Correspondencia de Andrés Martínez Salazar con diversos persoeiros, e 02.17.1.1.4 Cartas de pésame pola morte de Andrés Martínez Salazar, proceden de dúas doazóns de Elena Martínez Morás:- 27 de xuño de 1973.- agosto de 1973, (23 cartas).Dentro da serie 02.17.4.1.3 Manuscritos, notas e apuntamentos soltos, inclúese o manuscrito de "Relación de las fiestas celebradas en la ciudad de La Coruña... año 1690, en obsequio á la Reina Doña Mariana de Neuburg.../ Andrés Martínez Salazar", doado por Elena Martínez Morás. 17 de xaneiro de 1974.A documentación da serie: 02.17.1.2.1 Fotocopias do certificado de nacemento e matrimonio de Andrés Martínez Salazar, foi doada por Andrés Martínez-Morás e Soria. 17 de setembro de 1982.A serie 02.17.1.1.3 Cartas de Andrés Martínez Salazar a César Vaamonde Lores e a Ramón de Artaza é doazón de C. Martínez BarbeitoDescoñécese a procedencia do retrato de Eduardo Pondal dedicado a Andrés Martínez Salazar
Forma jurídica del ingreso: Doazón
Consta sobre todo de correspondencia e a documentación necesaria para a realización dos seus traballos: documentos históricos, pergamiños, apuntes, etc.
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tamén se tivo en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 02.17.1. Persoal 02.17.1.1. Correspondencia 02.17.1.1.1. Entre Marcelo Macías y García e Andrés Martínez Salazar 02.17.1.1.2. De Andrés Martínez Salazar con diversas personalidades 02.17.1.1.3. De Andrés Martínez Salazar a César Vaamonde Lores e Ramón de Artaza 02.17.1.1 .4. Pésames pola morte de Andrés Martínez 02.17.1.2. Biográficos 02.17.1.2.1. Certificados de nacemento e matrimonio de Andrés Martínez Salazar e fotografías 02.17.4. Función privada 02.17.4.1. Produción intelectual 02.17.4.1.1. Historia de Betanzos e dos Andrade 02.17.4.1.1.1. Notas e apuntamentos 02.17.4.1.1.2. Documentos orixinais e transcricións 02.17.4.1.2. Tradución ao galego dun tratado de albeitaria 02.17.4.1.2.1. Transcrición, notas e probas de imprenta 02.17.4.1.2.2. Correspondencia 02.17.4.1.3. Manuscritos, notas e apuntamentos soltos 02.17.5. Coleccións 02.17. 5.1. Recortes de prensa 02.17.5.2. Fotografías de retratos de heroes da Guerra de Independencia 02.17.5.3. Autógrafos de cinco personalidades portuguesas 02.17.5.4. Xornais 02.17.5.4. Pergamiños
No existen copias
Hai maís documentación de Andrés Martínez Salazar no fondo: Familia Martíne z Morás. No Arquivo do Reino de Galicia consérvanse o seguinte fondo relacio nado: - Andrés Martínez Salazar No Arquivo Municipal da Coruña atópase tamén documentación de Andrés Martínez Salazar.
Cadro descrición dos documentos e Inventario (salvo a correspondencia con Marcelo Macías e C ésar Vaamonde): Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)1999 Ordenación e inventario da correspondencia con Marcelo Macías e César Vaamonde: Nélida Cosme (ARAG) 2002 Revisión, ordenación e descrición do fondo: Ricardo Axeitos Valiño (ARG) e Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)2004 Catalogación das fotografías: Nélida Cosme (ARAG)2004. Engádese unha carta de Salazar a César Vaamonde Lores (s. 244/84): Ricardo Axeitos Valiño (ARG) 2006. Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)