José Rubinos Ramos
A Coruña, 3, abril, 1898 - Miami, 3, decembro, 1963.
Relixioso, profesor e escritor. Doutor en Teoloxía pola Universidade de Quito (1926). En 1927 titúlase en Filosofía e Ciencias en Bogotá. Entre 1934 e 1939 cursa estudios de Filosofía e Letras na Universidade da Habana, acadando o título de doutor en 1942 ca súa tese "Miguel Ángel poeta".
Fillo de Adolfo Rubinos Gilda e Elisa Ramos Pérez. Tivo dez irmáns, entre eles, Antonio (A Coruña, 1899-21, xaneiro, 1983), xesuíta como el.
Ingresou na Compañía de Xesús no 1914. En 1917 marcha a Bogotá, de donde parte en 1922 a Ecuador. En 1926 en Quito recibe as órdenes sagradas. O ano seguinte regresa a Colombia, onde ensina Literatura no Colexio Nacional de San Bartolomé de Bogotá. Despois dun corto viaxe a España, trasládase a Cuba en 1929. Na Habana ingresa como profesor de literatura no Colexio de Belén, pertencente a orde xesuíta. Alí funda e dirixe as revistas Belén (1929-1939) e Ecos de Belén (1938- 1943), órganos do colexio.
Funda e dirixe a academia "Gertrudis Gómez de Avellane da" na Habana.
Durante a guerra civil toma partido en contra da República, sendo un dos redactores da revista franquista Arriba España Por la Patria, el pan y la justicia (1938-1944), dirixida por Miguel Baguer.
A súa actuac ión foi decisiva no restablecemento da vida social activa da Asociación Iniciadora e Protectora da Real academia Galega, da que é nomeado presidente en 1947 (renun cia en 1961).
Como representante de dita asociación viaxa a España, invitado ás actividades polo cuarto centenario do nacemento de Cervantes.
Correspon dente da Real academia Galega en 1940, e en 1954 é nomeado académico de honra.
Impartiu conferencias en institucións culturais da época como o Lyceum da Habana , as Academias Cubanas da Lingua e Nacional de Artes e Letras, e no Centro Galego da Habana.
Foi colaborador das revistas cubanas Revista Cubana, Boletín de la Academia Cubana de la Lengua, Raíz, España en América, Vida Gallega (1938- 1954), La Vida Gallega en Cuba (1940-1960), Cultura Gallega (1938-1940) e na súa contin uadora Cultura Hispánica (1940-), Lar (1940-1941), nas que deu a coñecer estudios literarios, artículos periodísticos así como poemas e contos. Importante foi a sú participación no Diario de la Marina (1844-1960), no que tivo as seccións fixas "Aguja de marear" e "Muy breve". Tamén aparecerían algunhas das súas composicións na prensa galega, El Compostelano.
En 1957 ingresa como correspondente na Academia Cubana da Lingua, co discurso "Cervantes y Menéndez Pelayo: algunas semejanzas".
Coa chegada da revolución cubana instalase en Miami.
Deixou unha vasta producción literaria que abrangue poesía, teatro, narrativa breve, ensaios e estudios. Escritor biblingüe, utilizou o galego case que esclusivamente para a poesía.
Historia archivística
Os documentos de José Rubinos chegan a RAG por medio da doazón que realiza o seu irmán, Antonio Rubinos Ramos, posible depositario deles despois da morte de José Rubinos (ao marchar definitivamente de Cuba en 1961, antes de establecer se en Miami pasa un tempo na Coruña co seu irmán).
No fondo atópanse varios manuscritos de diversos autores galegos destinados a un Álbum Literario, que a Asociación Iniciadora e Protectora da RAG da Habana, pretendía publicar en 1907. A obra queda inédita. Descoñécese como chegou as mans de José Rubinos. En todo caso Rubinos foi presidente da Asociación na súa revitalización en 1947 (renuncia en 1961).
Alcance y contenido
O fondo consiste, principalmente, en manuscritos das poesías (tanto recolli das en poemarios, como dispersas en follas soltas; conformando a parte máis grande do fondo), artigos, contos e obras teatrais (baixo o título de "Faramallas") escritos por JRR ao longo da súa vida, se ben a maioría pertence a súa etapa cubana (1929-1961).
Así mesmo hai unha colección de recortes de prensa cos artigos e poemas publicados por JRR, e noticias de actos nos que intervén. Estes recortes pertencen na súa meirande parte a publicacións cubanas.
Hai uns pòucos documentos de carácter persoal; tres cartas e unha memoria.
Conxunto a parte o forman unha colección de orixinais de varios autores galegos reunidos en 1907 por unha comisión da Asociación Iniciadora e Protectora da RAG da Habana para a súa publicación nun Álbum que non se chegou a editar.
Finalmente tamén cabe citar varias fotografías de José Rubinos.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Normativa:
Documentación de libre acceso, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do patrimonio histórico español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: No fondo Manuel Casás hai cartas de José Rubinos Ramos a Casás.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia