Nace na Coruña o 24 de agosto de 1826. Estuda solfexo e piano. Nun primeiro momento dedicouse ao negocio familiar. Aproveitou as viaxes ao estranxeiro para ampliar a súa cultura musical estudando con Ignaz Moscheles en Londres entre 1840 e 1844. Abandonou as actividades comerciais familiares e instalouse no Pazo de Lóngora (Liáns, Oleiros) para dedicarse totalmente á música. Casou con Francisca González Garrido (Fanny Garrido) escritora e tradutora.
Viaxou repetidas veces a París cun intermedio madrileño ata que de volta se instála definitivamente no Pazo de Lóngora, onde morreu o 16 de outubro de 1881 aos 55 anos de idade.
O valor da súa obra reside sobre todo nas pezas románticas para piano.
Historia archivística
Marcial de Adalid y Ramírez de Arellano, avó paterno de Marcial del Adalid, comerciante de orixe rioxana e asentado na Coruña desde 1770, foi o fundador da biblioteca musical familiar. Esta Biblioteca pasou ao seu neto Marcial del Adalid, que continuou aumentándoa coa música da súa época.
En 1928 a filla do músico coruñés, María del Adalid, doa á Real Academia Galega a biblioteca musical do seu pai xunto con abundantes partituras manuscritas con obra do propio Marcial del Adalid.
Todo este material foi conservado na Biblioteca da Academia Galega ata que no 2004 se trasladan as partituras manuscritas ao Arquivo.
Alcance y contenido
Partitura manuscrita.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lengua:
Spanish; Castilian
French
Galician
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota general
Signatura que o documento tiña na biblioteca: MUS-544.
Contido: non está escrita a letra.
Nota al área de documentación asociada
O fondo musical da Familia Torres atópase nun arquivo privado pertencente á familia e nomeado como Arquivo Pazo de Vilasuso