Os patrimonio da familia Pardo Bazán está formado polos bens que herdaron e adquiriron o matrimonio de José Pardo Bazán (1827-1890) e Amalia Rúa-Figueroa (1830-1915).
Cando en 1839 morre Miguel Pardo Bazán (1784-1839) queda como único herdeiro o seu fillo José Pardo Bazán. Este recibe do seu pai as rendas das Casas de Meirás (San Martiño de Meirás, Sada), Miraflores, Rañal, San Pedro de Nós, Callou e Coirós.
En 1849 remátanse as partillas dos bens da Capelanía colativa da Ermida de San Pedro das Enchousas (As Somozas) ao morrer o último capelán, Manuel Domingo Montejano (morto en 1841), despois dun longo preito por estes bens. A José Pardo Bazán correspóndelle unha parte como herdeiro do seu bisavó paterno, Pedro Pardo Patiño Montejano (1722-1804). Nos anos seguintes mercou aos outros herdeiros os seus cupos, facéndose con todas as rendas da capelanía. A un deles, María Rosa Pardo Patiño, en 1852 tamén lle merca a herdanza do vínculo de Seixas (As Somozas) fundado por Dominga do Couce en 1626 e igualmente pertencente a herdanza do seu bisavó.
Tamén en 1849 nas partillas dos bens da súa nai, Joaquina Mosquera (1805-1849), herda a Casa de Riopaz e un grupo de rendas que a nai mercou á Nación no concello de Aranga, procedentes de bens forais do Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.
Neste mesmo ano tamén morre a súa avóa materna, María Joaquina Rivera y Pardo (1778-1849) e nas partillas dos seus bens, realizadas entre 1852 e 1856, recibe rendas da Casa de Cañás (alguns destes bens quedaron proindiviso coa súa medio irmá Adelaida Rei, fila de Joaquina Mosquera e o seu segundo marido, Juan Rei.
José Pardo Bazán aumentou todo este patrimonio con diversas operacións de compravenda. Así en 1856 mercou á Nación rendas no concello de Malpica e en 1880 mercou a Juan Menéndez Goycauría rendas que pertenceron ao Priorato de San Martiño de Ozón (e que dependía do Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela).
En canto a Amalia Rúa-Figueroa herda do seu pai, Andrés Toribio Rúa Figueroa (1761-1844) as Casas de Zanfoga e Tamou. Esta herdanza recibiuna en sucesivas partillas realizadas entre 1844 e 1857.
Herdeira universal destes petrucios, foi a súa única filla, Emilia Pardo Bazán (1851-1921). Do seu matrimonio con José Quiroga (1848-1912) deixou tres fillos, Jaime (1876-1936), Blanca (1879-1970) e Carmen Quiroga Pardo Bazán (1881-1935).
Blanca casou con José Cavalcanti (1871-1937) e Jaime con Manuela Esteban-Collantes (1880-1959). Deste último matrimonio naceu Jaime Quiroga Esteban-Collantes (morto en 1936). Despois da morte de Jaime e do seu fillo, Blanca e a viúva de Jaime quedan como últimas herdeiras de todos estes bens. Blanca morre en 1970 sen deixar descendencia directa co que no seu testamento repartiu as súas propiedades entre familiares e entidades relixiosas e benéficas.
Amalia Rúa-Figueroa dividiu os bens do pai coa súa irmá, Vicenta Rúa-Figueroa (1834-1925). Vicenta permaneceu solteira ata a súa morte. Viviu sempre coa familia da súa irmá Amalia de la Rúa a que se encargou dela e dos seus bens ata a súa morte. Non conservamos ningún testamento nin coñecemos o destino das súas rendas pero é presumible que Blanca Quiroga Pardo Bazán, filla da súa sobriña Emilia Pardo Bazán e última familiar que se ocupou dela quedara con eles, pois, polo menos, conservou a documentación deste patrimonio.
Historia archivística
Parte da documentación organizouse cubrindo os documentos cun prego de papel no que se reseñaba o seu contido cunha breve descrición. Ademais presentan un comezo de signatura topográfica que sen embargo nunca recibiron; nas cubertas anotáronse os termos “mazo”, “legajo” e “documento”, aíinda que non se chegou a anotar numeración ningunha. As descricións mencionadas recolléronse nun libro índice no que tampouco se cubriron as signaturas. Tanto os documentos como o libro índice levan o título común “Documentos generales” que no caso do libro complétase “Documentos generales de las casas del Sr. D. José Pardo Bazán”.
Todo parece indicar que a indización e arranxo desta documentación nunca se chegou a rematar. Proba disto é a falta de signaturas e o feito de que algúns dos documentos que presentan a cuberta mencionada e o mesmo título, non aparecen recollidas no libro índice.
En canto á orde do material, polo menos a que presenta o libro índice, parece ser cronolóxica.
Alcance y contenido
Retrato ao carbón de José Pardo Bazán, en plano medio curto, cun gabán e lazo no pescozo, obra de José Vallejo.
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lengua:
Spanish; Castilian
French
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Descripción del estado de conservación:
Algo rota e suxa.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: L-2-33
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: 364
Notas
Nota general
Título: Adoptouse esta denominación do fondo en atención a relevancia da fa milia Pardo Bazán e ao costume, pois desde a súa chegada á Academia foi coñecido tanto pola referencia á familia como polo nome da escritora Emilia Pardo Bazán. Se ben a última posuidora foi Blanca Quiroga de quen obxectivamente déberamos tomar o nome do fondo.
Organización:
- As series patrimoniais do fondo familiar foron a última documentación organizada. Deste xeito, o cadro de clasificación e a descrición doi fondo tiveron que ser revisados ao rematar a instalación, organización e descrición desta documentación.
- A document ación fotográfica agrupouse en series facticias debido á súa deslocalización no fondo orixinario. Documentación complementaria noutros arquivos: para a correspondencia sen procedencia, ver Cristinas Patiño (1995).