Familia de artistas na que destacan os irmáns Brocos Gómez, Isidoro (Santi ago 4-4-1841 - A Coruña 26-11-1914) escultor e o seu irmán Modesto (Santiago febreir o de 1852 - Rio de Xaneiro 1936) pintor e gravador. Netos de José Brocos gravador en Santiago, fillos de Eugenio Brocos Martínez pintor e gravador, e sobriños de Juan Brocos, escultor. Inician a súa formación artística no seo da familia; logo, estudian xuntos na Real Sociedad de Amigos del País de Santiago, ao remata r Modesto marcha a Buenos Aires e un ano máis tarde a Río de Xaneiro donde se instalará despois duns anos de formación en París e Roma. Mentras, Isidoro desenvolve a súa carreira en A Coruña despois duns anos de estudio tamén en París e Roma aínda que non coincide no tempo co seu irmán.
Ambolosdous colaboraron na Ilustración Gallega y Asturiana e traballan na obra Ultimos momentos de Herodes que levou a terceira medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes do ano 1878.
Donnino Brocos, sobriño de Modesto, delineante no ano 1934 traballaba co arquitecto Eduardo Rodriguez Losada na Coruña.
Pertencen tamén a familia Eugenio e Florentina Brocos Tojo, irmáns, así como Victoria Brocos.
Historia archivística
Na súa biografía de Isidoro Brocos Manoel Lousa (2002: 21) conta que Evaris to García, un ebanista que tiña o seu taller preto ao de Isidoro Brocos, adquiriu apuntamentos, debuxos, bosquexos e outros papeis a Donnino Brocos, fillo menor de Isidoro. Os documentos montounos en cadernos de debuxo de 34 x 49 e 22 x 32 cm anotándoos con aclaracións e opinións persoais. Logo da morte de Evaristo García os cadernos desfixéronse para vender os documentos. O propio Manoel Lousa, para facer a súa biografía do artista galego, conseguiu reunir boa parte deste material que actualmente atópase disperso entre diversas coleccións públic as e privadas.
O material que se conserva neste fondo procede de dúas compras feitas a diferentes persoas. Se ben, por un lado hai un caderno de debuxo, de 35 x 49 cm, no que, aínda que só ten recortes de prensa, conserva restos doutros documentos que foron retirados aos que, incluso, púxoselles un prezo. Por outro lado, os documentos soltos do fondo, teñen, tamén marcas que indican que nalgún momento estiveron pegados a algún tipo de soporte. Deste xeito é moi probable que este material pertencera á documentación adquirida e organizada por Evaristo García.
Alcance y contenido
Plano enteiro de busto espido masculino, de barba espesa e extraño ollar dirixido ao ceo. O corpo sostense enriba dunha pila de libros. Sobre a parte correspondente ao corazón leva a sinatura do autor: M. Magariños. Dedicatoria ms. no anverso: "a mi maestro D. Ysidor Brocos en prueba de cariño M. Magariños".
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: M-11-5
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: No fondo Ángel del Castillo, con servado no Arquivo da Real Academia Galega , hai unha pouca documentación de Isidoro Brocos.
Notas
Nota general
Parece unha fotomontaxe da fotografía dun busto coa dunha cara real.