Ezequiel Abente Lago naceu en Muxía. Fillo de Leandro Abente Chans, médico da localidade e de Manuela Lago Díaz.
Despois de estudar Medicina na Universidade de Santiago ingresou como axudante médico no exército, chegando ser xeneral e director do antigo Hospital Militar da Coruña ,o que, en 1996, foi bautizado có seu nome como recoñecemento a súa laboura durante a repatriación dos soldados de Cuba, tras perder a guerra de 1898 cós Estados Unidos de América . Foi un laureado militar polo seu traballo tanto en tempos de guerra como de paz.
Casou en primeiras nupcias con Rafaela Escobar, nacendo desta relación os seus fillos Flora, Elena e Leopoldo Abente Escobar. Máis tarde, contraeu matrimonio con Cristina García de la Torre.
Historia archivística
Descoñecida.
Alcance y contenido
Retrato de grupo de soldados sentados sobre a herba, sen uniforme determinado pero todos con pucha. Na primeira ringleira catro, un deles sinalado cunha marca de tinta que probablemente se trate de Rafael Abente Haedo. Detrás na segunda ringleira, algo elevados sobre os anteriores outros catro homes. No fondo, apoiadas contra unha parede, pás, chapeus, sabres, chaquetas e unha bandeira. Dedicatoria ms. no reverso: "Para María Victoria Abente. Los recuerdos y abrazos de tus hermanos que no te olvidan y que desean verte.- A Mamá y Papá lo mismo. Rafael. Cuartel Gral. [...?] /904".
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Perda de densidade da imaxe. Marca de prego pola metade da imaxe. Marcas de pegadas dactilares. Tinta sobre a emulsión.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: S-19-100
Notas
Nota general
Nengún dato sobre "Gariri" e "Puente Confuso". Hipótese: Pode tratarse de Paraguai??