Sacerdote ,mestre e correspondente da Real Academia Galega . Nado en Santiago o 15 de Xuño do 1894. Fixo nesa mesma vila a carreira eclesiástica. A partires do 1921 rexentou diversas parroquias. No ano 1946 rematou os estudos de maxisterio, o que lle permitiu exercer o profesorado en diversos centros de Ferrol, Viveiro e Ortigueira, o tempo que segue actuando coma seglar.
Foi nomeado académico correspondente da RAG (1945) pola publicación do seu traballo "Toponimia da comarca de Ortigueira y sus consecuencias".
Historia arquivística
Descoñecida.
Alcance e contido
A documentación componse de correspondencia, certificacións persoais e profesionais, recibos e notas.
Xunto dunha pouca documentación persoal, a maior parte dela foi producida no curso do seu labor sacerdotal.
No tocante aos documentos persoais, estes alcanzan non só ao propio Tomás Moar se non que tamén se refiren aos seus pais e irmáns, remontándose a mediados do século XIX.
A documentación de función céntrase na administración das diferentes parroquias que levou ao longo da súa vida, así como tamén hai correspondencia que testemuña os seus traballos de profesor e arquiveiro.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia