A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) foi fundada no ano 1980 e é a entidade oficial que reúne a máis de 380 escritores da literatura galega en todas as súas manifestacións: poesía, narrativa, teatro, ensaio, escrita científica, traducións...
A AELG é un dos órganos instituídos pola Academia Sueca con competencia oficial para presentar candidatura aos Premios Nobel. Forma parte do European Writers' Congress.
A AELG agrupa autores residentes tanto en Galiza canto fóra dela, asumindo como único requisito de afiliación a condición de contar cando menos cun libro individual publicado en lingua galega.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega traballa a prol da dignificación do oficio de escritor, así como da promoción dos autores e das súas obras, do fomento da interconexión e intercambio entre eles, da interrelación con outros profesionais, quer sexa doutras literaturas ou doutras áreas en xeral, proporcionando foros para o debate das ideas cunha perspectiva monográfica, mais tamén transversal. A AELG vela polas inquedanzas e intereses dos autores en lingua galega, poñéndoos en conexión coa sociedade e reclamando a atención das institucións e medios de comunicación sobre eles e as súas necesidades.
A AELGoutorga o Premio AELG á mellor obra literaria do ano e organiza congresos, xornadas e actividades varias, colaborando, ademais, en iniciativas afíns organizadas por outras entidades e institucións.
A AELG forma parte, xunto coa Asociación de Escritores en Euskera e a Asociación de Escritores en Lingua Catalá, do lanzamento do GALEUSCA, un encontro anual de escritores dos tres espazos literarios organizado de xeito rotativo polas tres asociacións promotoras.
Historia arquivística
Descoñecida
Alcance e contido
Documentación remitida polos autores pertencentes á Asociación con destino ao Centro de Documentación, formada por reproducións de recensións e críticas de libros, seleccións de textos, retratos e biobibliografías dos autores asociados.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Características físicas
Descrición do estado de conservación:
Requírense lectores de disquetes de 3½, CD e DVD.
Extensións dos arquivos electrónicos: BMP, DOC, JPG, JSP, PDF, PSD, RTF, SHS, TIFF, WPD.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia