María de la Natividad Quindós y Villaroel (1863-1953) é unha aristócrata española filla de José Mariano Quindós y Tejada, marqués de San Saturnino, y de Fernanda Villaroel y Goicolea, vizcondesa de la Frontera. Cása en 1896 con Francisco de Asís Arias-Dávila-Matheu y Bernaldo de Quirós, conde de Cumbres Altas, fillo dos condes de Puñonrostro. Pouco tempo despois herda, á morte do seu su tío materno Luis de Villaroel y Goicolea, II duque de la Conquista, os títulos de III duquesa de la Conquista, marquesa de Gracia Real de Ledesma, XIV marquesa de los Palacios e vizcondesa de la Frontera. En 1900 sucederá a seu pai como VII marquesa de San Sadurniño. Nomeada Camarera Mayor da Raíña nai por Real Orden de 30 de maio de 1906, ocupa o posto durante 17 años, nos que acompaña a Soberana nas súas actividades públicas e privadas, sendo unha persoa de influenza na corte. É cesada, a petición propia, o 11 de novembro de 1923. Ao seu Pazo de San Saturnino acoden todos os veráns desde 1902 hasta 1946 os persoeiros de máis relevancia non só da corte se non tamén da sociedade, da política e da cultura españolas. En tres ocasións recibiu a visita do Rei Alfonso XIII (en 1904, 1906 e 1927) e outra a da Raíña Victoria Eugenia de Battenberg (en 1927). Morre sen descendencia. Lega os seus bens a os hermanos Pasionistas e á Congregación de las Hijas de Cristo Rey. É sucedida no marquesado de San Sadurniño polo seu familiar máis próximo, o seu sobriño Alfredo Moreno Uribe fillo do conde de Fontao. Os restantes títulos nobiliarios por vía materna son herdados polas hermanas de Chaves Lemery, sobriñas lonxanas.
As placas de vidro estaban na Congregación Hijas de Cristo Rey de San Sadurniño, que as cede ao Concello en 1989 para que faga unha copia en papel. No ano 2011 o Concello de San Sadurniño autoriza á RAG a facer unha copia dixital das fotografías.
Forma jurídica del ingreso: Doazón
Fotografias da vida realizada no pazo, dos seus habitantes e visitantes así como do edificio, xardíns e arredores.
No existen copias
No pazo de Baltar (Narón) conservase o diario da Marquesa.
Aínda que no inventario constan 674 fotografías, as que eran en orixe, só recibimos 545, as marcadas en opaco xa faltaban.
Descrición do fondo: Mercedes Fernández-Couto Tella (2014)