Pura Vázquez, poetisa, naceu en Ourense, en 1918 onde estudou Primaria, Bacharelato e Maxisterio Comezou escribir e publicar desde moi nova na prensa e nas revistas galegas, desde os primeiros anos do Bacharelato alternou sempre os estudos coa escrita. No ano 1944 publícalle a Deputación de Ourense o seu primeiro libro, en castelán. No ano 1952, sale na Colección Xistral, o libro Íntimas, totalmente escrito en galego. Xa nunca deixará de escribir, excepto unha tempada á morte do seu home, acadando unha extensa obra, na súa maioría en galego.
Historia arquivística
Descoñecida
Alcance e contido
A Colección Pura Vázquez contén 67 fotografías pertencentes ao fondo persoal da poetisa. Proveñen dunha doazón realizada por Luís Alonso Girgado no ano 2006. A maioría destas fotografías son reproducións de positivos orixinais que probablemente permanezan en mans dos herdeiros da autora, e semellan ter sido empregados para a edición dalgunha obra. Recollen fotografías que reflicten diferentes momentos dda vida de Pura vázquez, desde 1920 até 1995. Entre elas atopamos recitais poéticos, imaxes das Xornadas Internacionales de Poesía do ano 1954, o seu casamento, encontros con outras escritoras, etc.
Clase de documento:
Iconográfico
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia