Enrique Chao Espina é natural de Viveiro onde naceu en1908. Ingresa aos dez anos no Seminario de Mondoñedo e remata os seus estudos sacerdotais en Lugo onde é ordenado presbítero no ano 1931. Máis tarde estudia Filosofía y Letras en Zaragoza (1934) e Maxisterio na Escola Normal de Lugo (1940). Doutor en Letras pola Universidad Central de Madrid con premio extraordinario pola súa tese “Pastor Díaz dentro del romanticismo” (1949), diplomado en Portugués pola Escola Central de Idiomas da Coruña. Gañou por oposición a praza de profesor agregado de Lengua y Literatura (1947) no Instituto de Puertollano (Ciudad Real) e uns anos máis tarde, tamén por oposición, a cátedra de Lingua portuguesa na Escola Superior de Comercio da Coruña, onde tamén foi catedrático na escola Universitaria de Estudios Empresariais, até a súa xubilación.
A súa extraordinaria formación humanística e o seu afán por divulgar a cultura galega fan del un articulista e autor prolífico, tanto na prensa galega como na española e americana. Como autor destaca pola enorme produción e a variada temática que abarca: historia, poesía zooloxía, libros de texto, investigación lingüística etc.
Membro da Real Academia Galega, primeiro como correspondente e máis tarde como numerario (1954). Cronista Oficial de Viveiro (1963), e membro de máis de cinco Institutos e Academias. Mais de 25 dos seus traballos foron galardoados con premios e mencións. Morre na Coruña en xaneiro de 1988.
Historia arquivística
O arquivo persoal de Enrique Chao Espina chega á Academia, xunto coa súa biblioteca, por doazón da súa irmá María no ano 1989. Este conxunto documental ten un volume de 1.080 m. lineais e permanece na súa embalaxe orixinal até que Antonio Gil Merino comeza a ordenación, xunto cuns índices, no ano 2003. Divide o fondo en dúas seccións: unha textual e outra que chama audiovisual e que abrangue clichés, fotografías, postais, etc.
A primeira sección componse de 18 caixas nomeadas A-R e a sección audiovisual de 13 caixas con numeración romana. Porén o traballo quedou incompleto: 26 caixas, 34 carpetas e 22 ficheiros que non serán catalogados até o ano 2015.
Alcance e contido
Plano de estudio curto de Dolores Espina Vázquez.
Sociedad electrofotgráfica Gijón (Madrid)
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia