Bonome Rodríguez, Santiago (Santiago de Compostela, 1901-París, 1995). Escultor. Comeza a súa formación nos talleres de Ribas e de Francisco Asorey na súa Compostela natal. Tras esta primeira etapa pasa por Madrid, Londres e Nova York. A súa escultura, preferentemente tallada en madeira, posúe un realismo cru, áspero, que representa toda a gama das expresións e sensacións humanas. En 1924 obtén un gran éxito na Exposición de Arte Regional Gallego, celebrada en Madrid onde se instala pouco despois. Tamén cultiva o xénero do retrato. En 1928 expón en Madrid e no 1929 en París, onde repite no ano 1936. Despois da Guerra Civil española fixa alí a súa residencia.
Historia arquivística
Descoñecida
Alcance e contido
Plano enteiro frontal de peza de Santiago Bonome traballada en madeira, pertencente á súa etapa de París. Figura de moza espida, de pé sobre un pedestal, coa cabeza baixa, e sostendo nas mans unha cadea, sobre a cadeira.
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional da copia: L-1-70
Notas
Nota xeral
Para as descricións: GERPE BLANCO, María Teresa, consulta directa (18/12/03). Ms. por Santiago Bonome.