Bonome Rodríguez, Santiago (Santiago de Compostela, 1901-París, 1995). Escultor. Comeza a súa formación nos talleres de Ribas e de Francisco Asorey na súa Compostela natal. Tras esta primeira etapa pasa por Madrid, Londres e Nova York. A súa escultura, preferentemente tallada en madeira, posúe un realismo cru, áspero, que representa toda a gama das expresións e sensacións humanas. En 1924 obtén un gran éxito na Exposición de Arte Regional Gallego, celebrada en Madrid onde se instala pouco despois. Tamén cultiva o xénero do retrato. En 1928 expón en Madrid e no 1929 en París, onde repite no ano 1936. Despois da Guerra Civil española fixa alí a súa residencia.
Historia arquivística
Descoñecida
Alcance e contido
Plano enteiro de peza de Santiago Bonome tallada en caoba, pertencente á súa etapa madrileña, e datada entre os anos 1925-1926. Busto de figura feminina, coa cabeza torta cara á dereita en acitude sufrinte, coa boca entreaberta. Sobre os ombros leva un mantón decorado con flores.
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional da copia: L-2-59
Notas
Nota xeral
Para as descricións: GERPE BLANCO, María Teresa, consulta directa (18/12/03). Ms. por Santiago Bonome.