Nace o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, no concello de Arteixo, na Coruña. Estuda en Santiago o bachalerato en Filosofía que remata en 1851. Neste mesmo ano marcha a Madrid para estudar Farmacia, estudos que abandona para centrarse na historia e cultura galega. Casa en 1858 con Rosalía de Castro coa que terá 7 fillos. No ano 1859 o matrimonio abandona Madrid e pasa a vivir en Santiago onde dirixe "El diario de la Coruña". En 1865 publica as primeiras entregas da "Historia de Galicia" onde expón as súa teoría sobre a identidade galega. En 1868 ingresa no Corpo de Arquiveiros e obtén destino en Simancas onde permanecerá dous anos, pasando en 1870 ao Arquivo Xeral de Galicia. No ano 1879 marcha de novo a Madrid onde dirixe as revistas "La Ilustración Gallega y Asturiana" e algo máis tarde "La Ilustración Cantabrica". No ano 1894 chega de volta a A Coruña, o seu derradeiro destino. Xubílase en 1905, pero non queda inactivo. No ano 1906 é nomeado presidente vitalicio da Real Academia Galega e no ano 1913 publica o tomo V da Historia de Galicia. Morre na Coruña en 1923.
Historia arquivística
Gala Murguía, a filla pequena de M. Murguía, deixa en disposición testamentaria os papeis do seu pai á RAG, onde permanecen dende o ano 1964. A documentación queda na maleta na que foi trasladada até o ano 1994 en que Antonio Gil Merino fai un pequeno inventario das 16 caixas que compoñen o fondo e o instala no despacho do bibliotecario. No ano 1998, X. L. Axeitos Agrelo reorganiza, instala e ordena o fondo; primeiro nun despacho do 4º andar e máis tarde, sendo xa académico, o traslada ao 2º piso onde permanece até abril de 2013. Durante estes anos se lle xunta documentación allea: parte dela existente na Academia e outra de nova adquisición. No ano 2013, é da man de Ricardo Axeitos que a recolle do despacho do secretario, ingresa a documentación no depósito do Arquivo.
Alcance e contido
Plano xeral da praza da Leña (A Coruña), onde un grupo de persoas encabezadas por Manuel Murguía e Manuel Casás diríxense ao cemiterio de San Amaro para realizar unha ofrenda floral na tumba de Curros Enríquez. Acto organizado pola Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos en conmemoración do 6º cabodano do pasamento do poeta. Pódense ver os alumnos das escolas publicas e os ordenanzas portando coroas de flores. Inscrición no reverso: "Procesión cívica al cementerio a las tumbas de los gallegos ilustres. Fue [?] esta procesión por el Sr. Casás, que era entonces Presidente del Circo".
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descrición do estado de conservación:
Existe unha copia no fondo Manuel Casás.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional da copia: XL-3-22