Nace o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, no concello de Arteixo, na Coruña. Estuda en Santiago o bachalerato en Filosofía que remata en 1851. Neste mesmo ano marcha a Madrid para estudar Farmacia, estudos que abandona para centrarse na historia e cultura galega. Casa en 1858 con Rosalía de Castro coa que terá 7 fillos. No ano 1859 o matrimonio abandona Madrid e pasa a vivir en Santiago onde dirixe "El diario de la Coruña". En 1865 publica as primeiras entregas da "Historia de Galicia" onde expón as súa teoría sobre a identidade galega. En 1868 ingresa no Corpo de Arquiveiros e obtén destino en Simancas onde permanecerá dous anos, pasando en 1870 ao Arquivo Xeral de Galicia. No ano 1879 marcha de novo a Madrid onde dirixe as revistas "La Ilustración Gallega y Asturiana" e algo máis tarde "La Ilustración Cantabrica". No ano 1894 chega de volta a A Coruña, o seu derradeiro destino. Xubílase en 1905, pero non queda inactivo. No ano 1906 é nomeado presidente vitalicio da Real Academia Galega e no ano 1913 publica o tomo V da Historia de Galicia. Morre na Coruña en 1923.
Historia arquivística
Gala Murguía, a filla pequena de M. Murguía, deixa en disposición testamentaria os papeis do seu pai á RAG, onde permanecen dende o ano 1964. A documentación queda na maleta na que foi trasladada até o ano 1994 en que Antonio Gil Merino fai un pequeno inventario das 16 caixas que compoñen o fondo e o instala no despacho do bibliotecario. No ano 1998, X. L. Axeitos Agrelo reorganiza, instala e ordena o fondo; primeiro nun despacho do 4º andar e máis tarde, sendo xa académico, o traslada ao 2º piso onde permanece até abril de 2013. Durante estes anos se lle xunta documentación allea: parte dela existente na Academia e outra de nova adquisición. No ano 2013, é da man de Ricardo Axeitos que a recolle do despacho do secretario, ingresa a documentación no depósito do Arquivo.
Alcance e contido
Panorámica do banquete celebrado pola Reunión de Artesanos no salón de festas da súa sede, en conmemoración do 80 aniversario de Manuel Murguía. En primeiro plano as mesas dos comensais, entre os que hai varios camareiros servindo. Na mesa do centro, Ángel del Castillo. Ao fondo, a mesa presidecial. Nela, sentado no centro Manuel Murguía. Á dereita deste Manuel Casás, María Barbeito e Andrés Martínez Salazar. Á esquerda, Filomena Dato. Detrás deles, un cadro dedicado a Murguía, de Enrique Saborit Inscrición no reverso (ver imaxe 2).
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Descrición do estado de conservación:
Mancha de óxido sobre a imaxe.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional da copia: XL-3-24
DV-D-90
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: 229
Notas
Nota xeral
Máis fotografías deste acto no Fondo Manuel Casás.