O notariado é regulado pola Coroa de Castela a partir da segunda metade do século XIII. A principios do século XVI establécese a obriga para os escribáns de asentar as escrituras nun libro de protocolo que deberían conservar e, máis tarde, tamén a obriga de entregalo ao sucesor no cargo. Temos poucos datos destes notarios da Coruña.
Historia arquivística
Os protocolos atopábanse no arquivo familiar do doador, José de Boado.
Alcance e contido
Libros de rexistro de escrituras dos notarios Diego Juárez, Domingo Varela de la Peña, Juan Gómez Brandariz, Domingo Rodríguez de Grandal e Pedro Antonio de Castro.
Os protocolos están datados no século XVII, salvo os de Pedro Antonio de Castro que pertencen ao XVIII.
As escrituras conteñen, principalmente, apartamentos, arrendamentos, cesións, compravendas, doazóns, dotes, foros, inventarios de bens, poderes, requirimentos, testamentos e transaccións.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre acceso, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do patrimonio histórico español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota xeral
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia