Xohán Vicente Viqueira naceu en Madrid o 22 de outubro de 1886 e morreu aos 38 anos na Lagoa, Bergondo, o 29 de agosto de 1924.
Estudou o bacharelato en Betanzos e en 1898 trasladouse a Madrid para completar os seus estudos na Institución Libre de Enseñanza. Nesta cidade cursou Filosofía e Letras, licenciándose en 1911. Continuou a súa formación en universidades alemás e francesas.
En 1917 gañou a cátedra de psicoloxía, lóxica e ética no Instituto Xeral de Santiago e no mesmo ano trasladouse ao da Coruña. Nesta cidade vinculouse ás Irmandades da Fala centrando desde entón as súas preocupacións en Galicia. Colaborador habitual de A Nosa Terra, ademais de publicar numerosos traballos sobre filosofía, psicoloxía e pedagoxía, tamén cultivou a poesía en galego.
Casou en 1917 con Jacinta Landa Vaz, quen, xa viúva, en 1936 tivo que exiliarse marchando a México onde residiría ata a súa morte.
Historia archivística
Descoñecida
Alcance e conteúdo
Neste fondo consérvase un pequeno volume de documentación do intelectual galego e da súa familia. Destacan, en primeiro lugar, quince cartas, a maioría delas do propio Viqueira á súa dona, Jacinta Landa, datadas entre 1920 e 1921; etapa na que o coruñés se atopaba en Madrid.
Outro grupo está composto por varios documentos de carácter biográfico e de moi variada tipoloxía: un pasaporte, unha licenza de traballo, a folla de servizos como profesor de instituto, etc. Dentro deste grupo incluímos o mecanoscrito dun artigo sobre Viqueira de Ramón Carracido, escrito moitos anos despois da morte do filósofo galego.
Finalmente, consérvanse un manuscrito autógrafo de Viqueira cunha antoloxía de poesía galega e dúas publicacións periódicas con referencias ao autor.
Cronoloxicamente a maior parte da documentación pertence ás décadas de 1910 e 1920.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia; así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Os documentos que conteñan datos persoais de carácter policial, procesual, clínico ou de calquera outra índole que poidan afectar á seguridade das persoas, ao seu honor, á intimidade da vida privada ou familiar e á súa propia imaxe só poderán ser consultados nos termos que establece o art. 57.1 c) da Lei 16/1685, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia