Luís Manteiga nace en Santiago de Compostela o 30 de xullo de 1903 e morre o 25 de maio de 1949 en Santiago. Ten unha nenez marcada polo frio e maila fame. Comeza a traballar moi novo e desempeña gran variedade de ocupacións: empregado nun comercio de tecidos en Santiago, nunha tenda de gramófonos en Lugo, profesor nunha academia en Ourense, no Hospital Militar de San Caetano, etc.
Non realizou, que se saiba, estudos de bachararelato. Gran lector e cunha boa cultura forma parte dos faladoiros do Café Español, da libraría Nike e da editorial Nós. Asesorou lingüisticamente en Lugo, xunto con Francisco Lamas, a Lorca no seu primeiro poema galego.
Grande amigo de Seoane e Cuadrado. Seoane publicou en 1956, en Galicia Emigrante, parte dos seis ensaios de Manteiga sobre a paisaxe galega que serán publicados por I. Díaz Pardo cincuenta anos máis tarde.
Progresista, simpatizante da Revolución Soviética.
Publica artigos en Guión, Resol, Nós, Yunque, El Pueblo Gallego, A Nosa Terra e no suplemento do sábado de La Noche; tamén en Nosotros, de Madrid e foi un dos directores do semanario antifacista compostelán Claridad. Utilizou os pseudónimos de Sergio Ivaguín e Abel Quijano.
Deixa inéditas varias novelas en castelán, entre elas Zabulón, mundo cerrado, finalista no premio "Nadal" de 1945.
Historia archivística
Segundo Laura Tato Fontaíña, Pilar Manteiga encomenda ás súas amigas e protectoras, Mª Carmen Varela e Josefina Sueiro unha maleta que conservaba "papeis"do seu irmán; estas trasladaron a encomenda á súa filla e sobriña Adelaida Lorenzo Sueiro que se presentou perante Díaz Pardo cun feixe de obras entre as que estaban as dez obras teatrais que xunto coas novelas, poesías e algún outro escrito son os que chegaron á RAG.
Alcance e conteúdo
O fondo componse dos manuscritos literarios (obras de tearro, novelas, contos, artigos e algunha poesía) de Luís Manteiga. Hai tamén varios recortes de prensa con artigos do propio Manteiga e doutros autores. Finalmente consérvase tamén neste fondo unha carta de Aquilino Iglesia Alvariño.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre acceso, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño do Patrimonio Histórico Español, o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia, así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lengua:
Galician
Spanish; Castilian
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Existen copias: Existe fotocopia de "Branca: drama curto" (sign. 110/1), "O couso" (sign. 1 10/2), "Zabulón" (sign. 110/3), "Apocalipsis" (sign. 110/5), "Sevilla en los labios" [366/22].
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia