Ramón Suárez Picallo nace en Veloi, Sada o 4 de novembro de 1894 e morre en Buenos Aires o 14 de outubro de 1964. Avogado, político, xornalista, dramaturgo e orador. Emigra a Buenos Aires en 1912. Na Arxentina traballa en moitos e diferentes oficios e incorpórase ás actividades da colectividade galega. A súa evolución política comeza cunha etapa de traballo sindicalista e de filiac ión comunista, pasa por o republicanismo e galeguismo, constituíndo unha filial da ORGA en Arxentina, para finalizar no Partido Galeguista. Proclamada a 2ª República regresa a Galicia o 17 de maio de 1931, comisionado con Alonso Ríos pola filial da ORGA en Buenos Aires, e obtén un acta de deputado a Cortes. En Lugo cursa o bacharelato e licénciase en Dereito por Santiago de Compostela, exercendo con posterioridade a avogacía na Coruña. Tras a Guerra Civil, exíliase primeiro en Francia, logo en Estados Unidos e, despois de 16 anos en Chile, definitivamente en Buenos Aires. Integrante desde a súa fundación do Consello de Galicia. En 1959 o Centro Lucense encárgalle a cátedra de Cultura Galega. Representou á Federación Obrera Marítima Argentina na conferencia Internacional del Trabajo en Ginebra 1962. Foi director do periódico Libertad e da revista Céltiga. Colaborou tamén na prensa arxentina: La Argentina, La República, Galicia, El Correo de Galicia, Lugo, Despertar Gallego; na chilena: La Opinión, La Hora, El Mercurio, El Sur, Ercilla; en la española: Le Humanité, El día vasco, Pueblo gallego, etc. A actividade period ística é unha constante na súa vida pero son os dezaseis anos que pasa en Chile os de maior produtividade. A súa faceta como dramaturgo reflíctese nas comedi as A Marola e A Taberna da Troula.
Descoñecida.
Descripción de la forma de ingreso: Lago Senande, Abelardo
Forma jurídica del ingreso: Doazón
Enterro de Salvador Etcheverría Brañas, no cemiterio de Auteuil en Francia. César Alvajar di unhas palabras diante da caixa. De esquerda a dreita, na primeira ringleira e cubertos con paraugas: Fernando Valera, Julio Just, José Antonio Aguirre, a dona de Gordón Ordás, o propio Gordón Ordás, Carlos Etcheverría e César Alvajar. Acompaña a nota de César Alvajar dirixida a Ramón Suárez Picallo (7 de outubro de 1960).
Iconográfico
A estrutura do fondo responde a un cadro funcional baseado no proposto por Olga Gallego para os arquivos familiares. 1. Persoal 1.1. Correspond encia 1.2. Fotografías 2. Función privada 2.1.Orixinais 5. Coleccións 5.1. Recortes de prensa 5.2. Folletos e revistas
Documentos de libre acceso, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de xuñ o de patrimonio histórico español, o artigo 82 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia e os artigos 7, 11 e 15 da Lei 15/1999, de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal así como polo estipula do no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega. As fotografías están dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais fotográficos está restrinxida.
Os dereitos de explotación dos orixinais integrados no fondo son obxecto da propiedade intelectual dos herdeiros e está suxeita ao disposto polo Real Decret o 1/1996 de 12 de abril de propiedade intelectual.
Estado de conservación: Bo
Descripción estado de conservación: Un pouco suxa.
No existen copias
Información adicional de la copia: M-10-100 DV-D-109
Etcheverría, Salvador (1989): Eclipse en España. Apuntes del diario íntimo de un diplomático de la República Española. 1936-19.? . Ediciós do Castro, Sada.
Sig. doc C233/1.7. Noticia desta foto no C233/1.6: "[...] También va otra en que estoy dedicando unas palabras de pesar, y al mismo tiempo de evocación gallega, cuando el entierro de Salvador Etcheverría, que yace en en cementerio de Auteuil, en la que señalo también a mi hijo Javier y en la que se ve a Gordón Ordás, Valera, Just, etc. [...]". A data de ingreso é febreiro do 73.
Os documentos do fondo recibiron unha descrición básica incluíndoos nun inv entario xunto ca signatura / Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) Engádese ao inventario o epistolario con César Alvajar (caixa 233) / Nélida Cosme Abollo (ARAG). Posteriormente revísase o inventario e realízase a descrición do fondo e as series / Ricardo Axeitos Valiño (ARAG) Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) Inventa rio: 1999 Engadido ao inventario: 2002 . Revisión do inventario: 2002 . Descrición do fondo e as series: 2002