Pura Vázquez, poetisa, naceu en Ourense, en 1918 onde estudou Primaria, Bacharelato e Maxisterio Comezou escribir e publicar desde moi nova na prensa e nas revistas galegas, desde os primeiros anos do Bacharelato alternou sempre os estudos coa escrita. No ano 1944 publícalle a Deputación de Ourense o seu primeiro libro, en castelán. No ano 1952, sale na Colección Xistral, o libro Íntimas, totalmente escrito en galego. Xa nunca deixará de escribir, excepto unha tempada á morte do seu home, acadando unha extensa obra, na súa maioría en galego.
Historia archivística
Descoñecida
Alcance e conteúdo
Plano enteiro de Jean Aristiegueta e Pura Vázquez nunha praia en Venezuela, descalzas, abrazadas e collendo unha a man da outra, diante do corpo. Á esquerda, Jean con vestido de lunares e pano no pelo. Pura con vestido estampado e reloxo no pulso. Detrás, o mar.