Nace en Lugo o 18 de xullo de 1904. Con 18 anos emigra a Arxentina participando activamente na colectividade galega. É un dos fundadores da Organización Nacionalista Republicana Gallega Autónoma; tamén e cofundador da revista Céltiga e participa na revista Galicia, voceiro da Federación de Sociedades Galegas entidade coa que colabora.
No ano 1934 cambia a súa residencia a Montevideo onde vivirá ata a súa morte no ano 1994. É fundador da Irmandade Galeguista do Uruguai e participa na súa publicación O Irmandiño. Durante a Guerra Civil forma parte de numerosas organizacións de axuda ao pobo español. Finalizada a guerra afíliase ao Partido Galeguista; amigo persoal de Castelao atópase entre os fundadores do Consello de Galiza. Presidente do Patronato da Cultura Galega. Funda e dirixe, primeiro en Radio Carve e despois en Radio Oriental, o programa Sempre en Galiza o máis veterano da radiodifusión galega, integramente en galego durante máis de corenta anos.
Historia archivística
Manuel Meilán deulle, antes do seu pasamento e pola amizade que os unía, esta pequena coleccióna José Antonio García de Searez coa indicación que os enviara ao lugar que considerase máis apropiado. No ano 2018 confíaos a Victor Fernández Freixanes que os entrega á Real Academia Galega.
Alcance e conteúdo
Documentos relacionados co Centro Galego de Montevideo: correspondencia, programas de actos do centro, recortes de prensa, pequenas publicación periódicas, etc.
Notas
Nota al área de documentación asociada
As cartas de Castelao dirixidas a M. Meilán foron doadas por Antón García de Searez á Fundación Castelao, no ano 2002
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia