Do matrimonio de Juan José Pardo de Lama (1748-1797) e Luísa Bazán de Mendo za (1759-1820) naceu Miguel Pardo Bazán (1784-1839). Miguel, colexial de Fonseca, serviu no exército, dentro do célebre Batallón Literario de Santiago. Despois da guerra retorouse co grado de Tenente Coronel. Despois da morte sen descendenc ia, en 1813, do seu tío paterno, Antonio Pardo Patiño, herdou todos os seus bens, que incluían as rendas de varias Casas, distribuídas polas provincias da Coruña e Pontevedra. O 13 de decembro de 1821 casou na Coruña con Joaquina Mosquera y Ribera (1805-1849) coa que tivo a José Pardo Bazán (1827-1890). Este avogado e político coruñés recibíu o título pontificio de Conde de Pardo Bazán. O 3 de febreiro de 1972, Amadeo de Saboya autoriza o uso do título en España, e a partir deste momento José Pardo firma Conde de Pardo Bazán.
Casou con Amalia Rúa-Figueroa (1830-1915) o 30 de setembro de 1850 e ao ano seguinte teñen á súa única filla, Emilia Pardo Bazán (1851-1921), famosa escritora e intelectual coruñesa.
O 10 de xullo de 1868 Emilia casou con José Quiroga, fillo tamén doutra familia beneficiada por abundantes rendas. Deste matrimonio naceron tres fillos, Jaime (1876-1936), Blanca (1879-1970) e Carmen Quiroga Pardo Bazán (1881-1935).
Blanca casou co militar José Cavalcanti (1871-193 7), marqués de Cavalcanti. Jaime casou con Manuela Esteban-Collantes (1880-1959). Deste último matrimonio naceu Jaime Quiroga Esteban-Collantes (morto en 1936). Despois da morte, primeiro de Carmen e, despois, de Jaime e do seu fillo, Blanca e a viúva do seu irmán quedan como últimas herdeiras de todos os bens de Emilia Pardo Bazán e de José Quiroga.
Blanca morreu en 1970 sen deixar descendenc ia directa co que no seu testamento repartiu as súas propiedades entre familiares e entidades relixiosas e benéficas. Entre as institucións beneficiadas está a Real Academia Galega. Esta xa recibiu, en 1956, a doazón da casa da rúa Tabern as, número 11, na que vivira a escritora Emilia Pardo Bazán das súas propietarias, Blanca Quiroga e Manuel Esteban-Collantes. Ademáis no seu testamento Blanca deixou á Academia diversos mobles e outros efectos, xunto o arquivo familiar que ela custodiaba e os dereitos de autor da súa nai.
Historia archivística
O fondo documental provén da casa da rúa Goya, 23, de Madrid, onde o conser vaba o último descendente de Emilia Pardo Bazán, a súa filla Blanca Quiroga, que o legou xunto cos mobles e obxectos familiares que conservaba á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán.
Cando en 1971 o fondo chega á Coruña, a RAG o 28 de marzo do mesmo ano, designa unha comisión de académicos para examinar os papeis da escritora coruñesa. A comisión estaba formada por Francisco Vales Villamarín, Juan Naya e Benito Varela Jácome. Este último presentou un informe sobre o estado dos documentos e unha primeira actuación sobre o fondo, en decemb ro de 1972, que se limitou a Dividir a documentación nos seguintes 16 "mazos":
"I. Originales novelescos
II. Originales novelescos
III. Poesía y teatro
IV. Conferencias
V. Labor periodística
VI. Crónicas literarias
VII. Críticas sobre literatura española
VIII. Literatura francesa
IX. Literatura francesa.-Literatura rusa, inglesa, italiana ...
X. Feminismo.-Arte.-Isabel II.-Colón y los franciscanos
XI. Originales de distintos trabajos, aún sin intercalar
XII. Mazo de recetas de cocina
XIII. Mazo de recetas de cocina
XIV. Papeles del general Cavalcanti
XV. Album con recortes de prensa y saludas..."
No informe saliéntase a terrible desorde dos papeis. Posteriormente elabor uose un índice da documentación patrimonial.
A partir de 1995 o profesor José Manuel González Herrán dirixe un grupo de profesores, Cristina Patiño Eirín e Ermitas Penas, bolseiros e alumnos de terceiro ciclo do Departamento de Litera tura Española da Universidade de Santiago de Compostela, inseridos en dirferentes proxectos, dedicados ao estudo e ordenación da documentación de Emilia Pardo Bazán. Desde aquí o arquivo agradece a súa colaboración.
En 1999 o persoal do arquivo da RAG comezou a catalogación e organización definitiva do fondo da escritora que concluíu en novembro de 2003.
A documentación fotográfica , asemade, non sufrira ningún tipo de tratamento arquivístico até o de agora. O seu estado era caótico, coma o do resto do fondo.
Finalmente entre xaneiro de 2005 e xullo de 2008 organízase a documentación patrimonial, da que ata o momento só se tiña un inventario moi sumario, co que remata a instalac ión e descrición de todo este arquivo familiar.
Alcance e conteúdo
Plano enteiro de José Cavalcanti nun exterior, vestido con uniforme militar de gala. Leva no peito diversas condecoracións, cunha banda cruzada, luvas, un sabre na man dereita e un casco con moitas penas. Detrás del, ao fondo, vese un muro, á dereita o marco dunha porta de tixolos. Á esquerda hai unha reixa de tea metálica.
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lengua:
Spanish; Castilian
French
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Descripción del estado de conservación:
Ten a emulsión un pouco gastada pola parte de abaixo, quedando o papel á vista.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: S-3-86
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Correspondencia de Emilia Pardo Bazán nos fondos:
-Andrés Martínez Sa lazar.
-Colección Emilia Pardo Bazán.
-Eduardo Pondal.
-Eugenio Carré Aldao.
-Irmáns de la Iglesia.
-Luís Vidart y Schuch.
-Manuel Casás Fernández.
-Real Academia Galega. Impreso co discurso pronunciado por Emilia Pardo Bazán nos Xogos Florais de Ourense de 1901, na Colección de impresos. Carta circular de apoio ao ingreso de Emilia Pardo Bazán na Real Academia Española, na Colección de manuscr itos e orixinais. Partida de matrimonio de Blanca Quiroga e José Cavalcan ti, na Colección de manuscritos e orixinais. Retratos dedicados de Emilia Pardo Bazán e de Blanca Quiroga nos fondos:
José Baldomir.
Eduardo Pondal.
Arquivo Parga Pondal.
Familia Martínez Morás. Manuscritos de Emilia Pardo Bazán:
-"La Esfinge". Arquivo Municipal da Coruña.
-"La leyenda de la codicia" e 7 manuscritos máis. Biblioteca - Museu Víctor Balaguer (Vilanova i la Geltrú).
-"Un por qué". Arxiu Històric de la Ciutat de Barcelona, Fondo Frances Matheu.
-"La poesía regional gallega: discurso presidencial leido en la velada que para honrar la memoria de Rosalía de Castro ha celebrado el Liceo de Artesanos de La Coruña el día 2 de septiembre de 1885". Deputación da Coruña. Biblioteca.
Corresp ondencia de Emilia Pardo Bazán con diversas persoas:
-AAVV. Museo del Alcázar de Toledo. Colección de Autógrafos de Antonio Romero Ortiz.
-Alas "Clarín" , Leopoldo. Colección particular de Dionisio Gamallo Fierros.
-Altamira, Rafael. Residencia de Estudiantes (Madrid), arquivo Rafael Altamira.
-Azorín. Biblioteca Nacional.
-Balaguer, Víctor.
-Barreiro, Alejandr o.
-Campoamor, Ramón de.
-Cánovas del Castillo, Antonio.
-Guerrer o, María e Fernado Díaz de Mendoza. Biblioteca Nacional.
-Goncourt, Edmundo de.
-González Blanco, Andrés.
-Giner de los Ríos, Francisco e Gonzál ez de Linares, Augusto. Fundación Francisco Giner de los Ríos (Madrid).
-Lázaro Galdiano, José. Fundación Lázaro Galdiano.
-Llorente, Teodoro.
-Machado Álvarez, Antonio.
-Menéndez Pelayo, Marcelino. Casa Museo/B iblioteca Menéndez Pelayo (Santander).
-Montalvo, Juan.
-Oller, Narcís. Arxiu Históric de Catalunya, Fondo Narcís Oller.
-Pavlovsky, Isaak. Bibliothèque Nationale de France, Section Manuscrits.
-Pereda, José María. Colección particular de María Teresa Rivero de Aznar.
-Pereira, Aurelianio J.
-Pérez Galdós, Benito. Casa-Museo Benito Pérez Galdós (Las Palmas de Gran Canari a)
-Polo y Peirolón, Manuel (procedencia descoñecida, ver notas bibliográfica s).
-Real Academia de la Lengua Española.
-Ríos Lampérez, Blanca de los.
-Rusiñol, Santiago.
-Unamuno, Miguel de. Casa Museo Unamuno (Salamanca).
-Vidart, Luís. Biblioteca Nacional.
-Yxart, José (proce dencia descoñecida, ver notas bibliográficas).
Correspondencia de Emilia Pardo Bazán coa Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña. Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (A Coruña). Biblioteca.
Partida de nacemento de Emilia Pardo Bazán. Arquivo Municipal da Coruña.
Notas
Nota general
Título: Adoptouse esta denominación do fondo en atención a relevancia da fa milia Pardo Bazán e ao costume, pois desde a súa chegada á Academia foi coñecido tanto pola referencia á familia como polo nome da escritora Emilia Pardo Bazán. Se ben a última posuidora foi Blanca Quiroga de quen obxectivamente déberamos tomar o nome do fondo.
Organización:
- As series patrimoniais do fondo familiar foron a última documentación organizada. Deste xeito, o cadro de clasificación e a descrición doi fondo tiveron que ser revisados ao rematar a instalación, organización e descrición desta documentación.
- A document ación fotográfica agrupouse en series facticias debido á súa deslocalización no fondo orixinario. Documentación complementaria noutros arquivos: para a correspondencia sen procedencia, ver Cristinas Patiño (1995).