Ramón Suárez Picallo nace en Veloi, Sada o 4 de novembro de 1894 e morre en Buenos Aires o 14 de outubro de 1964. Avogado, político, xornalista, dramaturgo e orador. Emigra a Buenos Aires en 1912. Na Arxentina traballa en moitos e diferentes oficios e incorpórase ás actividades da colectividade galega. A súa evolución política comeza cunha etapa de traballo sindicalista e de filiación comunista, pasa por o republicanismo e galeguismo, constituíndo unha filial da ORGA en Arxentina, para finalizar no Partido Galeguista.
Proclamada a 2ª República regresa a Galicia o 17 de maio de 1931, comisionado con Alonso Ríos pola filial da ORGA en Buenos Aires, e obtén un acta de deputado a Cortes. En Lugo cursa o bacharelato e licénciase en Dereito por Santiago de Compostela, exercendo con posterioridade a avogacía na Coruña. Tras a Guerra Civil, exíliase primeiro en Francia, logo en Estados Unidos e, despois de 16 anos en Chile, definitivamente en Buenos Aires.
Integrante desde a súa fundación do Consello de Galicia. En 1959 o Centro Lucense encárgalle a cátedra de Cultura Galega.
Representou á Federación Obrera Marítima Argentina na conferencia Internacional del Trabajo en Ginebra 1962.
Foi director do periódico Libertad e da revista Céltiga.
Colaborou tamén na prensa arxentina: La Argentina, La República, Galicia, El Correo de Galicia, Lugo, Despertar Gallego; na chilena: La Opinión, La Hora, El Mercurio, El Sur, Ercilla; en la española: Le Humanité, El día vasco, Pueblo gallego, etc. A actividade periodística é unha constante na súa vida pero son os dezaseis anos que pasa en Chile os de maior produtividade.
A súa faceta como dramaturgo reflíctese nas comedias A Marola e A Taberna da Troula.
Historia archivística
Descoñecida.
Alcance e conteúdo
Inscricións ms. no reverso: 1 "O Coro Brétemas e Raiolas cantóu a "Negra Sombra" diante do seu corpo morto, asegún il deixara dito a Lago.-" 2 "Bajando las escaleras, en el panteón es conducido por los integrantes directivos del Coro Brétemas e Raiolas. El ataud es cubierto por una bandera gallega". 3 "El día 15 de octubre de 1964. El féretro con los restos de Suárez Picallo es sacado del Centro Coruñés -donde se había velado- para conducirlo al Panteón del Centro Gallego de Buenos Aires. Es llevado por los presidentes de los Centros Coruñés, Lucense, Ourensano, Pontevedrés, Irmandade Galega, representantes de la colectividad gallega de Montevideo y de otras ciudades. Fue acompañado hasta el Panteón por todos los integrantes de Coro Brétemas e Raiolas, del cual, el finado, era presidente honorario"." 4 "Valentín Fernández falando no acto de despedida do Panteón do Centro Galego".
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentos de libre acceso, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de xuño de patrimonio histórico español, o artigo 82 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia e os artigos 7, 11 e 15 da Lei 15/1999, de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
As fotografías están dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais fotográficos está restrinxida.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Reprodución restrinxida. Requírese a autorización do titular dos dereitos de autor que rixen sobre os documentos do fondo.
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Os dereitos de explotación dos orixinais integrados no fondo son obxecto da propiedade intelectual dos herdeiros e está suxeita ao disposto polo Real Decreto 1/1996 de 12 de abril de propiedade intelectual.
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: M-10-94
M-10-95
M-10-96
M-10-97
DV-D-109