O Real decreto 1634/1980, do 31 de xullo, de traspaso de competencias á Xunta de Galicia sobre traballo, industria, comercio, sanidade, cultura e pesca, define o marco legal en que se ha de desenvolver a sanidade na comunidade autónoma, de acordo cos criterios establecidos na Constitución de 1978 e no Estatuto de Autonomía: a Constitución determina como competencias exclusivas do Estado a sanidade exterior, as bases e coordinación xeral da sanidade e a lexislación sobre produtos farmacéuticos; o Estatuto de Autonomía de Galicia establece que lle corresponde á comunidade autónoma o desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación básica do Estado en materia de sanidade interior e de seguridade social e de establecementos farmacéuticos, así como a execución da lexislación do Estado sobre produtos farmacéuticos; ten ademais competencia exclusiva en materia de augas minerais e termais e de asistencia social.
A sección cuarta do devandito decreto 1634/1980 recolle as transferencias en materia de sanidade: correspóndelle á Xunta de Galicia, "no marco da planificación xeral sanitaria do Estado, e dentro do seu ámbito de actuación territorial, a organización, programación, dirección, resolución, control, vixilancia, tutela, así como a sanción e intervención nas actividades e servizos de competencia da administración sanitaria do Estado relacionados no Decreto."
Nas materias transferidas, a Xunta exerce a inspección técnica de sanidade e correspóndenlle tamén as funcións de estudo, compilación de datos e información, ademais de establecer o procedemento adecuado para a súa comunicación obrigatoria, sistemática e normalizada á Administración do Estado.
O organismo encargado de levar a cabo estas funcións a nivel autonómico será a Consellería de Sanidade e Seguridade Social, segundo o Decreto do 15 de outubro de 1980, de asignación de competencias transferidas en materia de sanidade á Xunta de Galicia. E a nivel provincial, o Decreto do 23 de marzo de 1981 aproba o réxime orgánico e funcional das direccións de saúde e órganos periféricos de actuación da Consellería de Sanidade e Seguridade Social.
Defínense as direccións de saúde como órganos técnicos de actuación da administración sanitaria de Galicia radicados nas cidades capitais de provincia, cun ámbito de actuación provincial, para o desenvolvemento da política de promoción, protección e restauración da saúde, planificada e programada pola Consellería de Sanidade e Seguridade Social. Á fronte de cada dirección de saúde está o director de saúde, que depende orgánica e funcionalmente do conselleiro de Sanidade e Seguridade social.
A estrutura das direccións de saúde desenvólvese na Orde 16/1981, do 23 de marzo, que establece seis seccións: Inspección, Gabinete Técnico, Promoción e Protección da Saúde, Ordenación de Centros de Saúde, Asistencia Social e Secretaría de Administración Xeral.
Como consecuencia da consolidación das funcións transferidas e da previsión das futuras en materia de asistencia sanitaria, publícase o Decreto 78/1983, do 21 de abril, que regula a organización e funcións da Consellería de Sanidade. Supón un cambio nos órganos periféricos de actuación, isto é, nas direccións de saúde. Créanse agora as delegacións territoriais da Consellería, nas que se integrarán as direccións de saúde existentes.
Historia archivística
Esta pequena fracción do fondo chega ao Arquivo do Reino de Galicia no ano 1992, xunto co da Delegación / Dirección Provincial de Sanidade e Consumo (organismo da Administración periférica do Estado antecesor en parte do dependente da Xunta), desde o Sanatorio Marítimo de Oza, onde estaba a piques de ser destruída. Ata Oza chega dende a Estación Sanitaria do Porto, situada na avenida da Mariña, despois dunha remodelación das oficinas.
Alcance y contenido
Trátase dunha pequena fracción do fondo documental da actual Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a parte máis antiga segundo parece, polo que en parte reflicte os cambios producidos na organización territorial da sanidade na provincia da Coruña entre os anos 1981 e 1983. Intégrana unicamente tres series: Correspondencia (1981-1983), Actas de visita ordinaria (1981) e Talonarios de liquidacións e de recibos de taxas por servizos sanitarios (1982).
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Basicamente, documentación textual sobre papel, en bo estado de conservación
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: -A documentación antecesora deste fondo áchase no fondo da Delegación / Dirección Provincial do Ministerio de Sanidade e Consumo, conservado neste arquivo. - Poden considerarse complementarios os fondos do Sanatorio Marítimo de Oza e do Goberno Civil da provincia conservados no Arquivo do Reino de Galicia.
Notas
Nota general
Respecto ás unidades de instalación, das 8 mencionadas, 6 son unidades completas e 2 compartidas por varias series, do mesmo ou de diferente fondo.
Conta con instrumentos de traballo complementarios: estudos das series identificadas.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia